A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, o artista mindoniense Xosé Vizoso, autor da obra que se presenta, e o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa, inauguraron este luns no Museo da Deputación a exposición de carteis que leva por titulo Xosé Vizoso, Carteis (1970-2015). que poderá verse ata o 30 de outubro. A entrada a esta exposición é gratuíta, e o horario para visitala é de luns a venres: dende 9:00 ata ás 21:00 horas. Os sábados de 10:30 a 14 horas e de 16:30 a 20 horas. E os domingos e festivos dende ás 11 ata ás 14 horas.
García Porto remarcou que a obra de Vizoso “forma parte da esencia da cultura galega. A súa inxente obra convérteo no cartelista vivo galego con máis recoñecemento grazas ao seu traballo constante e a súa pegada persoal. Mondoñedo pode sentirse orgullosa de ter entre os seus veciños a un dos artistas máis comprometidos coa cultura deste país, e que mellor sabe recoñecer a esencia da paisanaxe galega”, resumiu.
50 carteis dende os ano 70 ata hoxe
A mostra esta composta por unha selección de máis de 50 carteis realizados polo autor dende os anos 70 ata hoxe. Os protagonistas destas obras son as festas das San Lucas do seu Mondoñedo natal, a queimada de Cervo, ou as festas de Santa Minia no concello coruñés de Brión onde reside. Esta colección de carteis exhibiuse por primeira vez no ano 2014 en Mondoñedo onde se realizou a súa primeira retrospectiva, despois trasladouse a varios Concellos como Brión, Rianxo, e actualmente pode verse en Lugo ata o 30 de outubro.
Discípulo de Díaz Pardo e Seoane
Xosé Vizoso (Mondoñedo, 1950), estudou na súa terra natal o bacharelato, alí foi foi onde se iniciou ao debuxo co escultor valenciano e profesor de Instituto, Juan Puchades. No ano 68 asistiu a un curso de formación no Castro de Samoedo para a fábrica de Sargadelos onde foi seleccionado polo propio Díaz Pardo, e coa que levantaron esta industria cultural que iniciaron o propio Díaz Pardo e Luís Seoane. A obra de Vizoso forma parte dos sinais de identidade da Galicia da segunda metade do s. XX. O autor creou decenas de pezas de cerámica, deseñou centos de libros e ilustrou moitos deles. Unha das súas últimas ilustracións pertencen ao libro Cantos de sol a sol de Xosé Neira Vilas.






















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



