O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, destacou este xoves o incremento da liña de axudas ata un total de 26 millóns de euros para os mozos de entre 18 e 41 anos que queiran incorporarse á actividade agrogandeira. “Aumentamos en 8 millóns de euros o orzamentos desta liña e pasamos de 18 a 26 millóns de euros para que ningún dos 657 mozos que a solicitaron, e que cumpren todos os requisitos, queden sen ela”, aseverou, subliñando que grazas a este incremento –“que bateu o record”-, será o ano co maior número de solicitudes aprobadas, o que representa unha suba do 350% respecto ao 2015.
Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo explicou que para acceder ás axudas os beneficiarios deben iniciar as actuacións do plan empresarial que presenten nos nove meses posteriores a que se lles notifique a concesión e completalas nun prazo de 24 meses. O 60% da cantidade recibiraa ao iniciar o plan e o 40% ao finalizalo.
O presidente da Xunta en función precisou que existen catro modalidades de incorporación á actividade agraria: a titularidade exclusiva; compartir a titularidade dunha explotación agraria prioritaria, como as situadas nunha zona de montaña; integración como socio nunha cooperativa; ou a titularidade compartida. E á hora de conceder as axudas daráselle prioridade a criterios como os de instalarse a tempo completo; a localización en zonas desfavorecidas de montaña; crear emprego adicional ou crear unha explotación ecolóxica ou mediante un proxecto innovador.
A contía básica de cada subvención sitúase nos 20.000 euros mínimo, ampliables ata os 70.000 euros.
Logo de precisar que coa ampliación de crédito, en 2016 haberá unha axuda media de preto de 40.000 euros, Feijóo concluíu incidindo en que o sector agroalimentario e o sector forestal seguirán a ser unha das prioridades do novo Goberno.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



