Ribadeo, 9 de decembro de 2016. A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o 17 de decembro no auditorio municipal Hernán Naval o seu tradicional Festival de Nadal. Este ano, de novo, estará dividido en dúas sesións. Nunha primeira, ás 12:00 horas, actuará o alumnado de Música e Movemento, Predanza 1, 2 e 3, Preparatorio Danza, Ballet 1 e Moderno 1 e xa ás 18:00 horas o farán o resto de agrupacións instrumentais e grupos de Danza e Ballet da Escola.
No repertorio deste ano non faltarán as panxoliñas, pero tamén haberá cabida para outros ritmos como a música moderna ou a tradicional. “O de Nadal é, xunto con fin de curso, o festival que máis éxito ten tanto entre o alumnado coma entre o público, de aí que cada ano procuremos ofrecer cousas novas tanto a nivel de repertorio coma de posta en escena”, apunta Hugo García, responsable da EMMeD de Ribadeo.
Pero, sen dúbida, o aspecto máis destacado do Festival de Nadal, tal e como acontecera en cursos anteriores, é a súa vertente solidaria. Ao longo de toda a semana, desde o luns 12 e ata o venres 16, e o propio sábado á entrada do concerto, a EMMeD de Ribadeo realizará unha recollida de produtos de Nadal (turróns, polvoróns, mazapáns…) para entregar ao departamento de Servizos Sociais do Concello co fin de que sexan distribuídos entre familias con escasos recursos da vila e das parroquias. Hugo García convida “a toda a comunidade educativa a que, na medida das súas posibilidades, faga unha pequena achega a esta recollida de alimentos pois cun pouco de cada un de nós podemos axudar a moitas persoas”.
O director da EMMeD de Ribadeo sinalou que “unha das apostas da EMMeD de Ribadeo é achegar durante todo o curso ao alumnado valores que vaian máis aló do estritamente musical, de aí a inclusión no currículo académico do centro de aspectos como a solidariedade, a igualdade ou a loita contra a discriminación de todo tipo”.





















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



