Ribadeo, 21 de decembro de 2016. O tradicional concerto Aquí como en Viena, que cada ano ofrece a Banda Municipal de Música de Ribadeo, terá lugar o venres 30 de decembro ás 21:00 horas no Cine Teatro de Ribadeo. A actuación incluirá interpretacións peculiares e sorpresas.
O director da Banda, David Ballester, anunciou este mércores que “o venres 30 de decembro terá lugar o xa tradicional concerto Aquí como en Viena da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Será no Cine Teatro ás nove da noite. Sempre facemos algo especial neste concerto e este ano a primeira parte vai estar composta por cinco pezas, das cales catro serán interpretadas por primeira vez pola Banda. Son pezas peculiares xa que nunha delas vai haber dous solistas, Bruno Maseda e Carmen López, tocando con papel de lixa”.
David Ballester engadiu que “despois vai haber un concerto para triángulo no que o solista vai ser un integrante que empeza nesta actuación a formar parte da Banda, que é Carlos Villar. Isto na primeira parte, da que tampouco quero desvelar moito máis, pero vai haber sorpresas e obras coñecidas. E na segunda parte, como sempre, ofreceremos obras típicas que se tocan no concerto de Aninovo en Viena, como polkas e valses, e tamén algunha sorpresa máis”.
Ballester quere “animar á xente que vai estar estas datas tan especiais por Ribadeo a que se achegue o día 30 de decembro ás nove da noite ao Cine Teatro a gozar deste concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo”.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



