Ribadeo, 22 de decembro de 2016. Acisa Ribadeo continúa coa súa programación para este Nadal co fin de dinamizar o comercio local e impulsar as compras nos seus establecementos asociados. Estes días organiza concertos de panxoliñas e segue regalando vales desconto entre os seus clientes para a pista de xeo natural que está instalada no parque de San Francisco ata o 8 de xaneiro.
O venres 23, o grupo Upper West Loop actuará de 18:00 a 19:00 horas nas Catro Cales, na esquina de Abanca, e de 20:00 a 21:00 horas xunto ao BBVA. E o grupo Ribadeo Brass estará de 19:00 ás 21:00 horas na rúa Rodríguez Murias.
O día de Noiteboa, sábado 24, haberá dúas actuacións. De 13:00 a 15:00 horas Ribadeo Brass tocará na rúa Rodríguez Murias. E pola tarde de 17:00 a 20:00 horas, o grupo Upper West Lloop actuará de novo xunto ás sucursais de Abanca e BBVA. En caso de choiva Ribadeo Brass actuará na entrada do Cinema Teatro e Upper West Loop no quiosco do parque.
Ademais ACISA Ribadeo continúa regalando aos clientes dos establecementos asociados vales desconto do 50% para as entradas da pista de xeo natural situada no parque de San Francisco. Tal e como se fixo o ano pasado por compras superiores a 20 euros entregarase un vale do 50% de desconto para acudir á pista de xeo. Válelos deberán ir selados na parte posterior polo establecemento que faga a entrega, e os clientes terán que presentar no despacho de billetes tanto o vale de desconto como o ticket de compra.
ACISA Ribadeo está a preparar unha nova edición da Festa do Comercio que terá lugar o día 14 de xaneiro no Cinema Teatro ás 20:30 horas. Durante a cita sortearanse 2.000 euros en premios e as rifas obtéñense nos establecementos asociados durante esta campaña de Nadal.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



