Ribadeo, 17 de enero de 2017. Galería Terra Branca, de Ribadeo, convoca o III Concurso de Cartas de Amor con motivo da celebración no vindeiro mes de febrero do día de San Valentín.
O propietario de Terra Branca, José Ramón Leal, invita a participar nesta terceira edición do Concurso Cartas de Amor: “sólo tienes que escribir una romántica, peculiar o divertida carta de amor. La obra debe ser obligatoriamente un original de su autor y puede ser redactada en gallego o castellano”.
José Ramón Leal destaca que “el premio será una magnífica figura del ceramista Otero Regal, y el jurado cuenta este año con el inestimable asesoramiento profesional del poeta Paco Rivas”.
O xurado estará formado por Mini López-Santos Santiago e José Ramón Leal. A carta premiada será lida en varias emisoras de radio da comarca, e publicada nas redes sociais e nas edicións dixitais dos medios de comunicación da zona.
Os traballos presentados deberán enviarse por correo postal ou electrónico con todos os datos do autor, ou entregarse directamente antes do 14 de febreiro en Terra Branca, sita na Avenida de Galicia 8 – 27.700 Ribadeo. O enderezo de correo electrónico é galeriaterrabranca@gmail.com
Ás dúas anteriores edicións do concurso de Cartas de Amor de Terra Branca presentáronse traballos chegados desde diferentes puntos de España e do extranxeiro.






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



