Burela, 3 de Marzo 2017.- A portavoz nacional, Ana Pontón, defendeu unha tarifa eléctrica galega para que as empresas e familias do país se beneficien do feito de ser Galiza produtora excedentaria de enerxía eléctrica, un aspecto que no caso da Mariña lucense é especialmente importante dada a presenza de empresas de alto consumo enerxético como Alcoa.
“Non ten sentido estar nun país que produce enerxía a esgalla sen obter ningún beneficio, porque así o impón o Goberno central do PP coa submisión cómplice da Xunta de Feijóo”, criticou Pontón, “é unha decisión política a que nos impide ter beneficios dos nosos propios recursos, e temos que pagar pola luz o mesmo que calquera outro territorio do Estado que non produce nada e que non ten ningún custe ambiental”.
Neste sentido, Pontón contrapuxo a submisión de Feijóo a Madrid, a do Goberno municipal do Concello de Muras liderado polo nacionalista Manuel Requeixo, que trasladou os beneficios que xeran os aeroxenerados de enerxía eólica á veciñanza, agora coa luz gratis ou con importantes descontos na factura.
No caso de Alcoa, unha tarifa propia deixaría a empresa sen a desculpa dos custes eléctricos para sementar dúbidas sobre a súa continuidade, nunha comarca na que xera 2.000 empregos directos e a través das auxiliares. Pero non só a fabricante de aluminio se vería beneficiada, moitas empresas locais do sector pesqueiro, igualmente grandes consumidores de enerxía, terían vantaxe coa tarifa eléctrica galega.
A portavoz nacional tamén falou de infraestruturas na súa intervención no acto aberto á cidadanía organizado polo BNG en Burela, en particular das deficiencias en materia ferroviaria e de autoestradas, “unha débeda histórica coa Mariña que desde o Bloque estamos empeñados en que se salde para acabar cos problemas de incomunicación da que debería ser, polo seu potencial económico e social, unha das zonas de maior puxanza do país”, salientou.
Pontón puxo en valor a campaña do Bloque reclamando melloras no transporte por ferrocarril, en particular nas liñas FEVE, “cuxo estado é máis propio do século XIX que do XXI”, ademais de destacar “o sen sentido de que sexa máis fácil viaxar desde Galiza a Madrid que entre Burela e Lugo por tren”. Igualmente, fixo referencia aos problemas a A8 no Fiouco ou a falta de enlaces cara Viveiro e Barreiros desde o corredor da Mariña.
Concerto económico
Pontón aproveitou o acto para explicar unha das propostas de máis calado do BNG: O modelo de financiamento que precisa Galiza: O concerto económico que, en palabras da dirixente do Bloque, consiste en ter o control e a xestión total de todos os recursos de Galiza, -vía impostos ou transferencias-, e facer contas co Estado ao final de cada exercicio aportando a facenda central a cantidade que corresponda.
Con este sistema Galiza disporía de 3.500 millóns de euros adicionais que permitirían acabar cos recortes en servizos públicos e sociais e permitiría ademais contar cos recursos necesarios para apoiar aos sectores produtivos do país, como no caso do sector agrario e pesqueiro, tan importantes na Mariña.
Ante militantes e simpatizantes, a dirixente nacionalista puxo en valor o proxecto que representa o BNG en defensa dos intereses dos galegos e das galegas, “cun proxecto político desde nós e para nós, que ten a cabeza e o corazón en Galiza” e que, a día de hoxe, “é máis necesario ca nunca para traballar por un futuro digno para este país”, concluíu.



















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



