Ribadeo, 6 de marzo de 2017. Aseduc comeza este mércores, 8 de marzo, os seus obradoiros sobre educación sexual e prevención de VIH no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, despois de telos rematada no CIFP Porta da Auga.
A responsable do Programa de Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Aditivos do Concello ribadense, Mónica Fernández Lamparte, explica que “este mércores, 8 de marzo, Aseduc (Asociación Socioeducativa para la Educación), cos que temos un convenio de colaboración, comezan os seus obradoiros sobre educación sexual e de prevención de VIH no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, tras ter rematado no CIFP Porta da Auga”.
Fernández Lamparte conta que “no CIFP Porta da Auga traballaron con 17 alumnos e alumnas de Educación Profesional Básica e no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros traballarán con 78 alumnos e alumnas de 3º de ESO. Trátase de catro sesións en cada centro”.
E engade: “agradecemos a colaboración das titoras e titores e dos departamentos de orientación polo seu esforzo, así como a Aseduc os seus desprazamentos desde Oleiros (A Coruña) e o seu bo facer”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



