Burela 8-3-17. O delegado territorial da Xunta en Lugo asume esta nova responsabilidade co compromiso de defender os intereses da provincia de Lugo e, en particular, da Mariña lucense. Comprométese a traballar para dar un maior protagonismo á provincia e á comarca nas decisións que se adopten neste foro. Lembra que, a autoridade portuaria é o órgano xestor do porto de San Ciprián, que é unha concesión exclusiva de Alcoa, pero tamén ten unha ampla influencia no tráfico marítimo e na conservación e mellora dos contornos dos faros (como o de Punta Atalaia e Roncadoira), po iso, centrará o seu interese na potenciación destes espazos e en seguir facendo do porto de San Cibrao un referente, para que o seu amplo volume de actividade redunde en beneficio da colectividade. Remata agradecendo novamente a confianza do Presidente da Xunta e da Conselleira do Mar, que lle propuxeron para esta nova responsabilidade.
