Foz 03-04-2017.- Diante do voto en contra, tanto do PP coma do BNG, á moción presentada polo partido socialista para instar á Xunta a demorar a entrada en vigor do Decreto de ordenación de apartamentos turísticos e á revisión dos requisitos a aplicar nos casos de alugueres de vivendas particulares, compre aclarar:
Os socialistas en ningún momento negamos á regulación deste sector turístico, nin a que o parque de vivendas en aluguer de particulares sexan de calidade, o que si pensamos é que son demasiados os requisitos esixidos a particulares o que vai facer que moitos propietarios desistan de alugar.
Foz non conta con unha oferta hoteleira suficiente para cubrir a demanda de todos os visitantes que recibe no verán. Non sería bo, nin para o sector da hostalería nin para o comercio, que por falta de aloxamentos se deixasen de recibir turistas.
Non pensamos que se deba considerar “empresarios do sector turístico” a veciños que alugan a segunda vivenda ou incluso a propia polo verán.
Non se trata de potenciar a economía sumerxida nin a competencia desleal, como pretenderon facer ver tanto o PP coma o BNG.
Tratábase de instar á Xunta a flexibilizar os numerosos requisitos esixidos no Decreto, para adecualos á realidade e que non supuxesen trabas, en moitos casos insalvables, aos alugueres.
A solución a estas trabas, que xa empezan a ver os nosos veciños tras coñecer o Decreto, non pode ser “que contraten unha xestoría que para iso están” como sentenciou o BNG, nin negándose a solicitar da Xunta de Galicia flexibilidade e trato diferenciado para estes alugueres, ou demandándolle mais consenso e o diálogo co sector implicado.
Unha vez mais vemos como o Alcalde antepón á Xunta de Galicia aos intereses dos veciños do seu pobo, co BNG facéndolle os coros.
Si tanto PP coma BNG non queren defender aos veciños de Foz, farémolo os socialistas.