A Mariña, 5 de abril de 2017. O Bloque Nacionalista Galego na Mariña valora os orzamentos do Estado en relación coa nosa comarca como unha “burla” ás veciñas e veciños que verán como volve quedar “descolgada das inversións, sobre todo en materia de infraestruturas.”
“A Mariña segue sen importarlle ao Estado e só conta para faceren caixa”, afirman. Manifestan que “o deputado popular no Congreso, supostamente mariñán, Jaime Olano sáenos moi, pero que moi caro a todas as veciñas e veciños da comarca e, desde logo, non paga a pena pagarlle un salario para que cada vez que vai ao Congreso premer un botón sexa para afondar un pouco máis na desigualdade con que trata o goberno central a esta comarca.”
O Estado anuncia 4,5 millóns de euros e, entre eles, 875.000€ para a rehabilitación do firme da N-642. “Anuncio que facían xa no 2015 pola mesma cantidade e que utilizaran para poñer a funcionar as máquinas en plena campaña electoral no mes de decembro dese ano sen que ata hoxe volvéramos a saber máis nada.”
Ademais, desde a formación nacionalista aseguran que é unha “tomadura de pelo que agora anuncien o remate da autovía Barreiros-San Cibrao para 2021, algo tamén difícil de crer cando aínda andan licitando a redacción de proxectos duns tramos e noutros están co estudo de impacto ambiental.”
A portavoz comarcal do BNG, Ana Ermida, asegura que “a débeda do Estado coa Mariña en materia de infraestruturas é eterna, pois xa nos prometeran esta infraestrutura para o 2007, cando a Transcantábrica fora desviada desde Barreiros a Vilalba, deixando desconectada a Viveiro, a terceira poboación mais grande da provincia.”
Nen novas infraestrturtas, nen potenciación das existentes
Desde o BNG lamentan que os orzamentos tampouco contemplen a liberalización do dique de Morás para uso comercial, ignorando así o acordo unánime obtido polo BNG no Parlamento de Galiza e, o que é aínda máis grave, “parece que non hai deputadas e deputados galegos que vaian ao Congreso para negociar e defender os intereses de Galiza e da Mariña. Desde o BNG sinalan que “é una pena que con un goberno en minoría, que debe negociar os orzamentos, non haxa quen poña os problemas e necesidades galegas enriba da mesa, como sempre fixo o BNG coa súa representación nas Cortes estatais.”
A formación nacionalista afirma que “Portos do Estado segue a ignorar a abundante recadación que obtén nesta comarca a través do porto de San Cibrao (3,5 millóns de euros anuais) e despáchannos coa ridícula cantidade de 43.000€ para boias e radares. Un bo exemplo do desnivelada que está a balanza coa que o Estado pesa e mide o traballo e a aportación desta comarca, parasitándolle todo o seu esforzo”, aseguran.
A portavoz comarcal tamén califica de burla “os ridículos 15.000€ que consignan para o noso tren, plasmando orzamentariamente os seus plans para que morra de inanición. Pero, ademais, se imos ás partidas que Fomento adica a outras comunidades en materia de ferrocarril, vemos que coas Illes Balears (onde o xestionan por si mesmos) suscriben un convenio por 3.940.000€ , cos Cabildos Insulares de Tenerife e de Gran Canaria, 860.000€ para cada un deles e para Basauri (Euskadi) 260.000€ para melloras da súa liña (onde tamén xestionan eles o seu ferrocarril). Polo tanto, aseguran que queda claro que a quen mellor lle vai é a quen xestiona por si mesmo as súas propias infraestructuras e os seus recursos.”
“Polo tanto, unha vez máis as afirmacións do Partido Popular, por boca da súa presidenta provincial Elena Candia, dicindo que o Executivo Central traballa con lealdade, coordinación e cooperación, demostrando que a nosa provincia está na axenda política dos gobernos do Partido Popular, volven quedar en evidencia cos feitos que se plasman nos orzamentos e tamén cando hoxe mesmo no Parlamento de Galiza se negaron a reclamar a transferencia de Feve á Xunta”, manifestou a portavoz comarcal do BNG, Ana Ermida.



















O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



