Mondoñedo, 11 de abril de 2017. Os socialistas de Mondoñedo critican “o despilfarro de recursos públicos que gasta o Concello de Mondoñedo en anunciar as rutas sendeirismo da cidade cando as ten completamente desatendidas en plena Semana Santa”.
A voceira socialista advirte que o Concello acaba de presentar unha APP para móbil coas rutas da cidade, con investimentos públicos, na que só aparecen 2 rutas das 3 que ten sinalizadas o Concello.
A maiores advirte que a paxina web que promociona as rutas non ten ningún acceso directo para descargar a APP que promociona as rutas. “ Nestes orzamentos o Concello ten previsto gastar 23.OOO euros en propaganda, pero é incapaz de xestionar e promocionar os recursos turísticos naturais con eficiencia, como neste caso as rutas de sendeirismo”.
Segundo o propio catalogo do Concello de Mondoñedo, a cidade conta cun total de 8 rutas. Ten 3 rutas a pé sinalizadas, das que só aparecen 2 na APP; Ruta da auga, Fraga Vella ou dos Acivros, e a ruta Leiras Pulpeiro. “Puidemos comprobar como a Ruta da auga que comeza a 30 pasos da Praza da Catedral de Mondoñedo, xunto a subida ao Salto do Coro están completamente abandonadas, desatendidas e sen ningunha labor de conservación e mantemento”.
Rutas para bicicletas e coches
A cidade tamén conta con outras rutas para BTT para bicicletas de Montaña como a da Toxiza, Cristo do Fiouco-Argomoso ou mesmo a a propia ruta da auga. “De todas estes recursos naturais non aparece absolutamente nada na recente APP , só aparecen as rutas de sendeirismo sen contar con estes recursos turísticos”.
A maiores o Concello publicista outra serie de rutas para realizar percorridos con coche; a do Salto do Coro-Vilar, Fraga Vella, O Padornelo-Campo de Oso, A fervenza, Mosteiro dos Picos-Castro do Zoñán, pero tampouco aparecen nesta APP.
“Xa que investimos diñeiro público en este tipo de aplicacións, polo menos que aparezan todas as posibilidades e rutas que ten o Concello, non só as de sendeirismo”, replicou González.
A voceira socialista advirte que Candia prefire gastar os gastos dos mindonienses en tunas, colchonetas, orquestras, fogos de artificio e viaxes turísticos de autopromoción, en calendarios, mentres ten abandonadas e esquecidas, un dos nosos recursos turísticos, as rutas de sendeirismo da cidade”.
“Polo tanto o Concello gasta en trípticos, gasta en propaganda pero non inviste en manter as rutas de sendeirismo en boas condicións para atraer aos visitantes, iso si, despois de gastar investimentos públicos nunha APP e unha tríptico promocional da mesma, dobre despilafarro. Pero o é que mais grave sen ofertar todas as rutas de Mondoñedo”.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



