Lugo, 13 de abril de 2017. O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Directora de Equiocio, Ana Lago, o Presidente de FUDACE, Luís Abelleira Mayor; a Directora de Equiocio, e o Xerente da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo, Rubén López Fernández, acompañados doutras autoridades inauguraron a XXVI Edición do Equiocio, que se celebra en Lugo por ver primeira entre o 13 e o 16 de abril, no Pazo de Feiras e Congresos.
Santos Ramos apuntou que “Lugo acolle por primeira vez Equiocio, unha grande oportunidade para a cidade, pois crea riqueza; e tamén para os veciños, xa que teñen unha oferta lúdica diferente para estes días pois esta cita non é só unha oferta atractiva para os apaixoados do mundo do cabalo, senón que é asequible e cercana a todos os públicos”
“Quero salientar que se hoxe estamos aquí, inaugurando o Equiocio 2017, é froito do traballo feito con ilusión entre os organizadores, Concello de Lugo e Deputación. De feito, dende o Goberno da Deputación achegamos 10.000 euros para financiar este evento. E facémolo porque Será un imporante impulso económico para a cidade, pois move a un grande número de amantes do mundo do Cabalo”, subliñou.
Santo Ramos subliñou que ademais as actividades desenvolveranse no Pazo de Feiras, porque tanto dende o Goberno da Deputación como do Concello “buscamos darlle un uso público e máis social a este espazo, acollendo iniciativas tan interesantes como a é o Equiocio”.
“Este é o xeito de medrar como cidade, como provincia e como sociedade: traballando man con man; construíndo entre todos para conseguir que Lugo conte”, sentenciou.
Equiocio 2017
Equiocio é un evento que terá lugar entre o xoves 13 e o domingo 16 de abril no Pazo de Feiras e Congresos. Inclúe 3 partes, unha deportiva, na que se engloba o campionato de salto a nivel nacional, de 2 estrelas, nos que participarán uns 150 xinetes de distintas partes de España e Portugal; unha lúdica, que inclúe exposición e venda de artesanía, o Equiocio Consciente (de asociacións, ONGs), venda de cadros e mercadillos e exposición do traballo de distintas asociacións e colectivos; e por último, a infantil, con zona de xogos. A entrada custará 3 euros -os menores de 16 anos entrarán gratis-, e irá destinada á Fundación de Dano Cerebral (FUDACE), cuxo presidente, Luis Abelleira, estivo presente tamén na presentación. Tamén haberá sorteos ou paseos en poni, entre outros.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



