Lugo, 11 de abril 2017. O Presidente, Darío Campos Conde, avanzou este xoves que foron máis de 2.500 os desempregados lucenses que participaron durante estas semanas nas probas de selección que tiveron lugar no Pazo de San Marcos para os 193 novos postos de traballo en toda a provincia, que ofrece o Goberno da Deputación a través do Ben Empregado 3! Máis social. Campos Conde informou que hoxe mesmo se publicou en www.deputacionlugo.gal os resultados provisionais de ditas probas. Todas os participantes con dúbidas ao respecto poden consultalas ata o luns incluído no 982-260-055. As persoas coas puntuacións máis altas, que son os preseleccionados, poden entregar xa a documentación correspondente para continuar no proceso.
Unha vez transcorrido o prazo de dúbidas e os participantes entreguen a documentación necesario que se lle require, nas vindeiras semanas publicarase a listaxe definitiva dos 193 parados lucenses que comezarán a traballar en 178 empresas e colectivos sociais sen ánimo de lucro dos 67 Concellos. Os contratos contarán con cláusulas sociais para blindar os dereitos dos novos traballadores. Os seus custos laborais de 1 ano serán financiados cos 2,4 millóns de euros que achegou o Executivo Provincial á terceira edición desta programación de emprego na provincia.
Por liñas, a participación nas probas foi a seguinte:
– Liña 1A: máis de 1.790 desempregados lucenses participaron nas probas selección para traballar en 116 empresas da provincia ás que o Goberno da Deputación lle financia o 50% dos custos laborais dos novos traballadores.
– Liña 1B: máis de 400 desempregados lucenses con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral participaron nas probas selección para traballar en 36 empresas da provincia ás que o Goberno da Deputación lle financia o 100% dos custos laborais dos novos traballadores co obxectivo de favorecer a súa inserción laboral unha clara aposta pola integración social.
– Liña 2: máis de 340 lucenses en paro participaron nas probas de selección para traballar 26 colectivos sociais sen ánimo de lucro aos que o Goberno da Deputación lle financia o 100% dos custos laborais dos novos traballadores.






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



