SANTIAGO .- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, afirmou hoxe no pleno do Parlamento que “por primeira vez, a VAP da Costa Norte vai contar con prazos realistas dende o punto de vista técnico e orzamentario”.
Nota de Prensa
HERNÁNDEZ AFIRMA QUE A VAP DA COSTA NORTE CONTA POR PRIMEIRA VEZ CON PRAZOS REALISTAS DENDE O PUNTO DE VISTA TÉCNICO E ORZAMENTARIO
Santiago, 10 de decembro de 2009.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, afirmou hoxe no pleno do Parlamento que a anterior Xunta é a responsable da parálise na que estaba sumida a Vía de Altas Prestacións da Costa Norte, xa que foi quen suspendeu no segundo semestre de 2008 os proxectos construtivos de tres tramos desta vía. Esta paralización afectou a máis de 40 quilómetros, dos que 20 son do treito que discorre entre San Sadurniño e o Campo do Hospital -contrato suspendido dende agosto de 2008-; un total de 8 quilómetros do tramo Campo do Hospital-AC-101; e 12,5 quilómetros do tramo que vai dende Os Ramos ata Covas -contrato suspendido dende novembro de 2008-.
Explicou que en agosto de 2005 deixouse listo o estudo informativo e de impacto ambiental de todos os tramos entre Ferrol e San Cibrao. Por outro lado, tamén quedaran en fase de redacción de proxecto os tramos San Sadurniño – Campo do Hospital, Variante de Ortigueira e Celeiro-San Cibrao.
A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes -aclarou- tan só avanzou nos dous tramos que agora se atopan en obras (a variante de Ortigueira e o treito Celeiro-San Cibrao), que supoñen tan só o 21% de todo o trazado, mentres que o resto dos treitos apenas avanzaron. “Dase a circunstancia de que a conselleira que se reunía cos alcaldes para contarlles que a estrada estaría rematada en 2011, mentres o seu departamento procedía a paralizar a redacción dos proxectos desta infraestrutura”, afirmou Hernández.
Asegurou que “o mesmo Goberno que foi quen de elaborar o Plan Viario Ferrol-Eume-Ortegal- A Mariña e poñer en marcha seis das oito actuacións contempladas, será agora o que faga realidade esta vía”. Enfatizou ademais que “por primeira vez, a VAP da Costa Norte vai contar con prazos realistas dende o punto de vista técnico e orzamentario”.
Transparencia, rigor e verdade
Agustín Hernández recordou que a semana pasada asistiu a unha reunión na que participaron representantes de todos os concellos da provincia da Coruña e Lugo polos que pasa esta infraestrutura de gran relevancia para a zona norte de Galicia: Ortigueira, Neda, Narón, San Sadurniño, Moeche, Cerdido, Cariño, Mañón, O Vicedo, Viveiro e Xove. Destacou que a súa pretensión e actuar con transparencia, rigor e verdade. Explicou aos responsables municipais que o Goberno galego tivo que acomodar a planificación desta vía de alta capacidade ao estado existente na tramitación dos proxectos que deixaron feito os responsables do Goberno bipartito.
Nese senso na reunión da semana pasada concretou os prazos de execución e comprometeuse a manter unha reunión cada seis meses cos alcaldes “para dar conta, ante eles e ante os cidadáns, dos avances realizados e da situación das obras”.
O 67% da VAP en servizo en 2013
Destacou que o 67% da VAP da Costa norte estará en servizo ou en obras no ano 2013, porcentaxe que se elevará ao 80% en 2014. Lembrou ademais que a Xunta de Galicia incrementou nun 16% os recursos financeiros para a Vía de Altas Prestacións da Costa Norte entre Ferrol e San Cibrao, respecto da cifra de 2009.
(Consultar táboa1 en descargar arquivo)
Segundo informou, no momento de traspaso de poderes (abril de 2009), o Goberno galego tan só levaba certificado 1,5 millóns de euros dos 16,9 consignados dende o ano 2006 para a VAP do Norte (10 millóns para os tramos da provincia da Coruña e 6,9 para os da provincia de Lugo), é dicir, o 9% dos orzamentos totais, o que vén a demostrar que nese tempo practicamente non se avanzou na tramitación desta infraestrutura.
Preocupación polos tramos estatais
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas salientou que nesta vía o Goberno central tamén ten responsabilidades, xa que o Ministerio de Fomento encárase da construción do tramo entre San Cibrao e Barreiros. Este último treito, que se construirá como autovía, leva varios anos en fase de estudo informativo. O pasado 23 de xuño publicouse no Boletín Oficial do Estado (BOE) dito documento, que agora se atopa na fase de análise de alegacións. Ademais, o Goberno Central consigna nos orzamentos de 2010 un total de 10.000 euros para esta actuación, o que implica a paralización do treito da súa competencia, concluíu.
En definitiva, a Xunta vai continuar impulsando este itinerario entre Ferrol e San Cibrao para cumprir co seu compromiso de rematar esta infraestrutura nos prazos marcados, explicou, ao que engadiu que se fará sen demagoxia e sen fariseísmo, senón co realismo e co rigor que vai presidir esta nova etapa na planificación e na execución das infraestruturas de Galicia.
Situación actual e prazos do Plan Move
(Consultar táboa2 en descargar arquivo)
O conselleiro comprometeuse de novo a manter unha reunión cada seis meses cos alcaldes “para dar conta, ante eles e ante os cidadáns, dos avances realizados e da situación das obras”.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



