Mondoñedo 24-6-17.A rexedora destacou que, tanto dende o Concello como dende a Asociación de Artesáns, “se está a traballar para consolidar esta feira” e, neste eido, agradeceu o esforzo que se está a promover para acadalo, xa que estamos ante un bo escaparate do traballo que se está a desenvolver día a día no barrio dos Muíños, onde se atopan obradoiros de cantería, olaría ou ferro, entre moitos outros”.
Por último, a rexedora recordou que este ano como novidade o programa inclúe unha nova ruta guiada, Ruta dos Artesáns, que permite percorrer os distintos obradoiros e espazos do barrio, coñecer a súa historia e a natureza que o rodea. Durante o día, tamén se están a desenvolver as habituais actuacións musicais, un xantar de confraternidade, un desfile de época e distintas actividades para nenos e nenas.