Barreiros, 4 de xullo de 2017. O alcalde, Alfonso Fuente, fai unha chamada á colaboración veciñal para que o lixo se deposite correctamente nos contedores habilitados para este fin. O rexedor denuncia que nos verdes e amarelos se detectou nos últimos días unha presenza importante de cartóns, e engade que “algunha xente está a tirar no contedor verde, herba do segado dos xardíns e tamén pequenos escombros”. A empresa que retira o lixo advirte que, ante esta situación, eses contedores quedarán sen recoller.
O rexedor barreirense explicou que “estes días en Barreiros estamos detectando que, seguramente coa chegada de novos usuarios de vivendas pola tempada estival a maioría dos contedores de lixo, tanto verdes como amarelos, dinos a empresa de recollida que están cheos de cartón”.
Alfonso Fuente declarou que “fomos comprobalo e a verdade é que iso é así. Estanse enchendo con caixas de cartón, co cal despois o lixo tanto orgánico como plástico ten que quedar fora dos contedores e ao lado deses recipientes hai os de cartón que non se están utilizando, que están baleiros, porque podería darse que estiveran cheos tamén e que houbera que depositar o cartón nos outros”.
O alcalde engadiu que “este feito súmase tamén ao que xa levamos tempo detectando, que son os contedores verdes que aparecen cheos de herba de segar xardíns así como restos de pequenas obras.
Quería advertir que a empresa de recollida está a deixar eses contedores sen recoller, todos aqueles que detecta que teñen herba ou residuos de pequenas obras que se fan nas vivendas e que se está a botar nos contedores. Está deixando sen recoller para que vexan o que causa o feito de non poder recoller eses contedores. Despois o lixo que debería recoller queda alí”.
Para o alcalde “é triste que haxa que facer isto para que se entenda que hai lixo que non pode ir aos contedores, nin a herba dos xardíns nin os residuos de obra”.
Alfonso Fuente Parga pídelles aos veciños de Barreiros que “todo aquel cartón que se está a depositar nos contedores verdes e amarelos que non se bote, para iso hai uns contedores de cartón. En todo caso eses cartóns deben deixalos ao lado dos contedores verdes porque o que fai a empresa de recollida de lixo é avisar no Concello dese cartón que existe neses puntos de recollida e pásase recoller se non collera nos contedores deses residuos”.
O rexedor insiste en “advertir ese feito, que se utilicen correctamente os contedores de lixo. Sempre, pero sobre todo nestes días que hai gran cantidade de cartón”.




















A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



