BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, asegura que a vila nunca estivo tan limpa como agora e anuncia unha campaña informativa para mellorar a reciclaxe nos fogares. O rexedor explicou que “onte repartimos un bando no que lembramos aos propietarios de cans e outras mascotas á súa responsabilidade na atención á limpeza e a súa obriga de recoller os residuos que van deixando polas rúas. Esperemos que dea os seus frutos e que vaiamos rematando con este problema”.
Llano ven de anunciar que “en poucos días enviaremos información para mentalizar aos veciños da importancia que ten a reciclaxe, para que separen correctamente o lixo que se produce nos fogares, o orgánico, o vidro e o cartón. Tamén distribuiremos bolsas de diferentes cores indicativas dos lugares nos que debemos depositar ese lixo”.
O alcalde lembra que “desde que nós entramos no goberno municipal fixemos moitas cousas para mellorar a limpeza de Burela. Unha delas foi a gratuidade do punto limpo para levar voluminosos, os veciños só teñen que chamar ao teléfono de Celta Prix e durante dous días poden depositar os seus residuos. Eso veu beneficiar moitísimo que non houbera outros vertedoiros incontrolados e que Burela estivera máis limpa. Foi unha boa iniciativa, segundo nos comentan os veciños, e é tamén un servizo moi empregado”.
Alfredo Llano segue a relatar que “tamén fixemos unha recollida selectiva de cartón, co que os comercios non tiveron tantos problemas á hora de depositar ese material, xa que con só unha chamada pasan a recollelo polas propias tendas. A limpeza de rúas foi moi comentada e estálle a dar unha sensación de frescura ao pobo moi boa. Ainda que sea obxecto de críticas pola oposición, cada tres ou catro meses dámoslles unha limpeza a fondo ás rúas e beirarrúas de Burela, e tamén puxemos unha limpiadora máis polas tardes para que todo estea nun estado perfecto. Igualmente colocamos contedores de vidro e de papel para mellorar a recollida selectiva”.
Llano amósase sorprendido e estranado polas críticas da oposición neste sentido, “aí aparecía hai uns días unha foto que é dunha entrada dun garaxe, é algo interno ou interior que nada ten que ver coa rúa e vénse a decir que se limpa mal e pouco. E o máis irresponsable é comentar que nós non lle pagamos a Celta Prix, creo que xa se trata de querer chamar a atención por calquera cousa sin ter pés nin cabeza. Hai que decir que ainda nós temos que afrontar unha serie de obras que están pendentes de pagar e que ascenden a máis de 250.000 euros. Foi algo que se puido facer no seu momento cando había máis solvencia nos Concellos e todavía nos quedou a nós esa carga pendente. Hai unhas débedas que xa se verán nos vindeiros días, xa saberemos porqué razón se produciron”.
O rexedor de Burela apela “a que teñan máis responsabilidade antes de facer este tipo de comentarios e que fagan unha oposición clara e que nos motiven a facer cousas mellores por Burela e que se poñan as pilas para acompañarnos no traballo de beneficiar aos veciños en todo aquelo que se poida”.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



