Foz recende a mar e a verán. A miña primeira imaxe, xa nubra no recordo, é de cando nos levaron nosos pais á praia da Rapadoira. Daquela estrea quedan, máis ca imaxes, olores e sabores inesquecibles.
Meu pai falábanos de Foz e dos arredores pois andara algún tempo cunha máquina de mallar; contaba que as medas eran pequenas comparadas coas nosas e que polas tardes, a diferenza do que se facía nas parroquias de interior, suspendíase a función. En Foz o tempo de lecer, proba de intelixencia superior, xa estaba regulamentado naquel entón.
Xa de mozo de 14 anos traballei nun circo momentaneamente (axudando a desmontalo pola noite en Mondoñedo e montándoo en Foz ao día seguinte). Non lembro o nome, tampouco se me pagaron 200 ou 400 pesetas por case 24 horas de traballo pero quedou fresca na miña memoria a axitación dos traballadores, a maioría portugueses. Algo estaba pasando pois non desapegaban as orellas dos transistores. Aquel día nada entendín, ninguén me explicou (tampouco preguntei) pero despois souben cal era a razón; floreaba nos canos dos fusís a Revolução dos Cravos. Era o 25 de abril de 1973!
A memoria lévame, ademais de á praia, a lembrar moitas sesións de cine no Cagiao, aos exames para sacar o carné de conducir, ás festas do San Lourenzo nas que danzan a un tempo bailadores e estrelas, uns na Praza do Conde de Fontao e elas debuxando lóstregos no firmamento.
E á Sala Bahía, lugar escuro e escaso de espazo pero balsámico pois era xeografía iniciática ao amor, ao sexo, ao alcohol e quen sabe a que outros vicios. Aquí foi onde servidor fixo por primeira e única vez na vida unha petición de autógrafo a un artista. Eran tres e chamábanse Desmadre 75; a canción que lles deu a efémera fama “Saca el güisky cheli”. Un trío de extunos, un deles José Julián Monzón, irmán do Gran Wyoming, e unha canción que daquela, 1976, soaba revolucionaria: Saca el güisky cheli para el personal y vamo hacer un guateque…
Para os da cabeceira do Masma Foz é a fin e o principio. A fin, a foz, o Golfo da Masma, e o principio pois na vella catedral de San Martiño ten o berce a diocese e tivo residencia San Rosendo. E agora ten o Espazo Caritel, que non é prodixio menor, o noso paisano e enorme artista, Caxigueiro.
A penúltima ocasión que pisei o Foz urbano foi hai dous anos polo verán para a presentación de “Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías”. Resultou un acto emotivo, organizado polos prezados amigos de Mariña Patrimonio na Librería Bahía e na compaña do querido Suso Fernández, cronista e patrón maior da tribo, e de Xoán Ramón Fernández Pacios, axitador de memorias e de historias desde a atalaia virtual O Gabinte de Foz. A última, descontando idas e voltas pola circunvalación, foi unha tardiña de agosto para compartir café e conversa cun veraneante asiduo, o xornalista e escritor da Pastoriza Carlos G. Reigosa.
Dentro duns días volverei gozar de Foz para, no marco da Feira do Libro, presentar “Celebración de Mondoñedo”. Fareino escoltado polo xornalista Martín Fernández Vizoso, focego incombustible, e polo profesor-teatreiro mindoniense-cervense, e tantas cousas boas máis, Paco Piñeiro. Nin máis nin menos!
Antonio Reigosa – cronista oficial de Mondoñedo


















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



