Xove, 1 de setembro de 2017. A Piscina Municipal de Xove está en obras dende comezos de agosto, consistentes en cambio de parte do teito, obra realizada pola empresa xovense EVOX e dotación dunha nova climatización interior da Piscina, a cargo da empresa IAM RUMBO de A Coruña.
En canto á obra de sustitución do teito, procedeuse á sustitución da metade que había quedado do pasado ano, co cal o que fixo EVOX foi completar a obra de sustitución integral do teito.
Unha vez rematada a obra do teito, procedeuse a sustitución da vella climatización. Para esta importante obra presentáronse un total de 10 empresas, que contaban cunha licitación de 253.180,70 €uros. Resolto o concurso, a empresa IAM RUMBO fíxose coa obra por un importe de 189.171,98 €uros, cunha rebaixa do 25 %. Esta obra vai supor unha mellora moi grande na climatización interior da piscina, cun control máis exhaustivo e exacto da humidade e da temperatura, o que se consigue grazas á instalación de máquinas ultramodernas de última xeneración.
A obra ten un prazo de execución de 12 semanas, o que non quere dicir que a pisicna vaia estar pechada esas 12 semanas; neste sentido, a piscina abrirá as súas portas o vindeiro luns 11 de setembro coa súa actividade normal, co cal o peche da mesma reduciráse a sólo unhas 5 semanas.
Lóxicamente, e co fin de rematar canto antes para evitarlle molestias aos usuarios, a empresa está a traballar intensamente, incluído festivos e fins de semana.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



