Lugo, 6 de setembro de 2017. O Deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez Ónega, e o Alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo Magdalena, presentaron este mércores unha nova edición do tradicional Certame-Exposición de Gando Vacún, que se celebrará o domingo 17 de setembro, nesta localidade da Montaña Lucense. Goberno da Deputación e Concello promoven conxuntamente esta iniciativa de impulso do sector gandeiro e do rural con 8.900 euros. Prevese a participación de 40 gandeirías das provincias de Lugo e de León, que exporán 300 reses. Haberá unha poxa de xovencas e xatas preñadas cuxos prezos oscilan entre os 1.200 e 2.000 euros. Como en anteriores edicións, agárdase a presenza dunha media de 2.000 persoas na vila.
Rodríguez Ónega subliñou que “este Certame é unha cita consolidada na Montaña Lucense, pois este ano chega á súa 29ª edición, reunindo de media a unhas 2.000 persoas. Estas cifras dan boa conta da importancia da cita para esta comarca e para o conxunto da provincia, pois supón un revulsivo económico polo elevado volume de transaccións que se rexistran cada ano, e pola cantidade de visitantes procedentes de Galicia, Asturias ou León, que aumentan o consumo nos negocios locais”.
O Deputado de Medio Rural engadiu que “dende o Goberno da Deputación cremos na necesidade de reforzar a actividade agrogandeira e o rural. Consideramos que é preciso poñer en valor a potencialidade que o campo e o gando aínda teñen, como un dos piares da economía da nosa provincia. É por iso que apostamos por iniciativas como esta que contribúen a dinamizar a economía a través do sector primario”.
Gandeirías e inscrición
No concurso participarán 300 reses de 40 ganderías procedentes dos Concellos de Pedrafita, Folgoso do Caurel, A Fonsagrada, Samos, Triacastela, As Nogais, Vega De Valcarcel, O Corgo e Cervantes. Reses, tanto de raza Rubia Galega, como Asturiana, poderán tomar parte no certame, no que se valorará a conformación morfolóxica e o potencial de carne e reprodución dos animais.
A inscrición de máis animais pode facerse dende o día 11 ata o 15 de setembro por teléfono ou no mesmo día ata as 10:00 horas da mañá. Cómpre subliñar que o Concello ofrecerá aos gandeiros unha axuda de 20 euros por animal, ata un máximo de 10 reses, para sufragar os gastos de transporte.
Ademais de axudas, premios
A maiores das axudas para o transporte das cabezas, o Concello destinará 5.000 euros para os premios, que serán entregados, xunto cos correspondentes trofeos, aos propietarios dos animais vencedores nas diferentes categorías do concurso. Haberá premios aos mellores touros, vacas, xatos e xatas, cunha categoría especial para os exemplares destinados á produción cárnica, así como ao mellor lote de Rubia Galega, ao de raza Asturiana e para a gandeiría que máis animais presente.
Poxa de animais de ACRUGA
Un dos grandes atractivos da xornada será a poxa de xovencas e xatas preñadas, inscritas no Libro Xenealóxico da Raza Rubia Galega, que presentará ACRUGA. Cada transacción oscila entre os 1.200 ata 2.000 euros por exemplar, posto que estes animais caracterízanse por posuír unha alta calidade xenética e reprodutiva.
Programa
09:00 horas. Recollida de credenciais no recinto feira
10:30 horas. Votación do xurado.
11:30 horas. Pasarrúas amenizado pola Charanga DGT.
12:00 horas. Subasta de becerras e novillas preñadas inscritas no libro xenealóxico da raza Rubia Galega.
12:30 horas. Actuación do grupo cultural Xistra de Pedrafita do Cebreiro.
14:00 horas. Entrega de premios na praza do Concello.
15:00 horas. Comida oficial.
16:00 horas. Actuación da Charanga DGT.




















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



