Lugo 16-10-17. Ao igual que a maior parte dos lucenses, hoxe os Deputados do Goberno Provincial continúan cos veciños das súas respectivas Comarcas e Concellos, apoiando ás familias afectadas polos lumes e colaborando na extinción dos mesmos, tal e como están a facer todos os lucenses dentro das súas posibilidades. Pois, durante toda a fin de semana, os veciños mobilizáronse e empregaron os seus propios medios, amosando unha vez máis a súa valía e solidariedade, para facer fronte aos incendios e tentar que as lapas non chegasen cando menos ás vivendas.
Os medios materiais dos que dispón a Deputación, que son as máquinas do Parque Mobil, seguen en Donís, Cervantes, o municipio máis afectado polos lumes. De feito, en primeira instancia o Presidente, Darío Campos Conde, e logo o voceiro do Goberno Provincial, Álvaro Santos Ramos, desprazáronse este luns a este Concello da Montaña, onde arderon máis dun milleiro de hectáreas que forman parte da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses.
Tanto os profesionais dos parques de bombeiros provinciais como os GES, co-financiados pola Deputación, traballan baixo as directrices da Xunta de Galicia.
En nome do Goberno da Deputación, o seu voceiro, Álvaro Santos Ramos destacou este luns, antes de desprazarse a Cervantes e a preguntas dos xornalistas, que “veño de estar toda a noite no meu Concello, en Friol, e hai que estar moi agradecidos e orgullosos da mobilización dos nosos veciños e aprender deles”.
“Hoxe toca apagar os lumes e seguir apoiando aos nosos veciños. Pero unha vez que estean apagados toca sentarse. Pois as escenas vividas falan por si soas: Galicia non está preparada para afrontar unha catástrofe destas dimensións”.
“Non haberá político responsable neste país que non entenda a catástrofe dos incendios que acabamos de vivir coma un problema de país para acadar un consenso. Galicia tivo que reordenar o urbanismo porque estábamos acabando co noso medio ambiente, cos nosos espazos naturais e co noso patrimonio. Se non ordenamos o noso territorio acabaremos tamén coas vidas da xente, porque isto non só afecta á paisaxe, aos animais, á flora ou ao medio ambiente, por desgraza tamén afecta ás persoas”.
“Necesítase política de país, moitísima madurez e responsabilidade política. En canto non haxa un incendio activo en Galicia, todo o arco parlamentario debe sentarse a falar en serio sobre como ordenar o territorio galego, territorio que por certo, cada día vai ganando espazo a masa forestal sobre a masa agrícola. É unha realidade que non podemos negar e que tamén ten o seu impacto e a súa influencia nas economías das familias, dos Concellos e das Comarcas”.
“Con todo isto, é tempo de consultar e falar cos expertos, a política vén despois, podemos discutir sobre modelos de xestión, pero non podemos discutir de se hai que parar ou non o lume.”
Tres días de loito
Como todas as administracións, a Deputación súmase aos tres días de loito oficial e suspende todos os actos institucionais. As bandeiras do Pazo de San Marcos onde a media hasta.




















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



