Lugo, 13 de decembro de 2017. O Presidente, Darío Campos Conde, presentou este mércores a súa proposta de Orzamento da Deputación para 2018 e convocou a comisión informativa sobre o mesmo, así como o Pleno da súa aprobación para o xoves 21 de decembro. Campos Conde explicou que o presuposto consolidado, que inclúe o do propio organismo provincial (79.041.692 euros) SUPLUSA, TIC e Consorcio de Bombeiros, ascende aos 83,7 millóns (83.703.156 euros), baixando con respecto a 2017 en 1,1 millóns (1.144.722 euros), que representan o 1,35%, polos recortes nas aportacións do Estado.
“Aínda a redución de ingresos, incrementamos os investimentos para emprego, políticas sociais e infraestruturas nos 67 Concellos, respondendo por igual ás necesidades e prioridades dos máis de 300.000 veciños da provincia. Deste xeito, dos 83,7 millóns de euros, destinamos a investimentos 45,6 millóns, que representan máis do 54,4% do orzamento”, subliñou.
11,3 millóns de fondos propios do Orzamento para o Plan Único
11,3 millóns de euros do Orzamento da Deputación para 2018 son para o Plan Único. Con respecto ao presente ano, estes fondos aumentan en 1,3 millóns de euros, pois no 2017 destináronse 10 millóns de euros. “O noso obxectivo é que a dotación económica total do Plan Único 2018 sexa de cando menos 20 millóns coma este ano ou incluso superar esta cantidade. Por este motivo, no documento xa comprometemos destinar como mínimo o 70% dos remanentes de tesourería que se xeren e que se coñecerán en xaneiro cando se poida realizar a liquidación do exercicio económico deste ano”, explicou. No 2017, achegáronse ao Plan Único 10 millóns de remanentes, que tamén se incorporaron a esta programación tras a aprobación do presuposto e a liquidación.
Con estes 11,3 millóns, garántense nos 67 Concellos da provincia uns mínimos de 3 millóns para a xeración de máis de 250 novos empregos; 1,5 millóns para o Servizo a Domicilio a 1.800 lucenses non dependentes e 4,2 millóns de euros para 67 obras novas coas que mellorar infraestruturas e dotacións públicas municipais a través do POS. “Estas son as cantidades mínimas para o DepuEmprego, o SAF Básico e o POS que deben respectar os municipios dentro da nosa aposta por unha Deputación coas persoas, social e rural, que responde por igual ás necesidades de todos os veciños da provincia. Os Concellos terán total autonomía para incrementar os fondos que lles corresponden para estas iniciativas. Como sempre, faremos a través de criterios totalmente obxectivos a distribución da totalidade de fondos do Plan Único nos 67 municipios”, apuntou.
Un mínimo de 9 millóns para xerar emprego directo
A maiores do mínimo de 3 millóns para o DepuEmprego, Campos Conde inclúe máis de 6 millóns de euros para emprego. “Tendo en conta este mínimo de 9 millóns, no 2018 volveremos a ser a administración galega que máis inviste na provincia na xeración directa de novos postos de traballo”, destacou. Ademais, no 2018 continuarase coa execución doutros 8,1 millóns de euros cos que a Deputación asume os custos laborais de 700 lucenses que estaban no paro e que atoparon traballo a través das edicións do Ben Emprego e DepuEmprego que están en marcha na actualidade.
“Tamén agardamos contribuír á reactivación do mercado laboral, mantendo emprego e impulsando, principalmente, ao sector gandeiro, así como a todos os profesionais que directamente dependen da actividade do sector lácteo, coa posta en marcha da Granxa Experimental de Leite, á que no 2018 destinamos 634.000 euros, que se engaden aos fondos deste ano, sumando un total de 1,3 millóns de euros; así como coa posta en marcha do primeiro centro de recría de gando vacún público en España.
6,5 millóns para benestar
A maiores dos 1,5 millóns de euros de mínimo para o financiar na súa totalidade o Servizo a Domicilio a 1.800 persoas non dependentes; foméntase o benestar con outros case 5 millóns de euros. Estes permitirán ofrecer un servizo de teleasistencia gratuíta a máis de 1.500 maiores da provincia, contribuír á actividade social do conxunto do tecido asociativa lugués e impulsar residencias e centros de día nos Concellos da provincia. Deste xeito, destes 5 millóns, 2,9 millóns son para os centros de maiores de Becerreá, Folgoso do Courel, Portomarín, A Pontenova, Guitiriz e A Pobra do Brollón. Estes novos fondos súmanse aos contemplados en pasadas anualidades.
Ao respecto das políticas sociais, orzamento recolle 1,6 millóns para a Escola de Imaxe e Son; 365.0000 euros para o Plan de Impulso do Campus de Lugo; máis de 200.000 para Rof Codina e Facultade de Relacións Laborais; e 312.000 euros para a UNED. “Todo isto supón un investimento de case 2,5 millóns de euros no impulso dunha educación pública de calidade cando a Deputación non ten as competencias directas pero si unha firme aposta”, subliñou Campos.
22,2 millóns para infraestruturas
Xunto ao mínimo de 4,2 millóns para o POS 2018, destínanse outros 22,2 millóns á mellora de estradas provincias e municipais a través do crédito de 15 millóns e outros 7,2 millóns para máis obras, conservación e parque móbil.
Deporte, Cultura e Turismo
Ao impulso do Deporte, especialmente ao deporte base e colaborado co conxunto de clubs da provincia, achéganse 4 millóns, facendo que a Deputación sexa a administración galega que máis inviste en deportes na provincia. 6 millóns de euros son para Cultura e case 1,2 millóns para o Centro de Artesanía e Deseño. No capítulo de investimentos, destacan os máis de 400.000 euros para o Plan Integral de Turismo.
Custos de persoal e correntes
Todo isto, supón que a proposta de Orzamento 2018 de Campos Conde inclúa 45,6 millóns de euros, que representan o 54,4%, para investimentos nos 67 Concellos da provincia cuxo obxectivo é fomentar o emprego, o benestar, a mellora de dotacións públicas e infraestruturas, así como a dinamización económica e social. Os custos de persoal supoñen o 31% e aumentan un 3% en cumprimento da Lei de Presupostos do Estado. Os custos correntes supoñen un 16% e baixan nun 0,24% con respecto ao 2017.


















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



