LUGO, 15 de decembro de 2017.- O Grupo Provincial do PP vén de rexistrar un escrito dirixido ao presidente da Deputación, no que se recollen máis de 15 iniciativas “útiles para incluír nos orzamentos de 2018” xa que as contas que “nos presentou evidencian que o socialista carece dun proxecto para a provincia”.
A voceira deste Grupo, Elena Candia, explicou que “se fomos máis permisivos en pasadas anualidades foi porque decidimos dar o paso de ser unha oposición útil e intentar facilitar acordos para desbloquear a ausencia de contas nos exercicios pasados”. Pero agora, engade a popular, “hai moitas iniciativas que se aprobaron en Pleno que indubidablemente teñen que ter un reflexo nos orzamentos do vindeiro ano e que non aparecen”.
A popular asegurou que “somos alternativa de Goberno e non só por ter o grupo maioritario senón porque estamos convencidos de liderar o Goberno desta institución da mellor maneira, por iso neste exercicio debemos ser reivindicativos con esas peticións”.
O Grupo do PP presenta estas iniciativas “pensando no interese da provincia, recollendo as peticións que teñen aprobación en Pleno, e que por algunha circunstancia, que descoñecemos, non se queren levar a cabo nos orzamentos”, precisou Candia, quen destacou que “as súas propostas saíron directamente dos alcaldes e dos veciños e que buscan reforzar a Deputación”.
Condicións do PP
Así, a voceira e presidenta provincial asegurou que “a nosa aprobación aos orzamentos atópase condicionada a que se teñan en conta as iniciativas que achegamos para estas conta”. Con este obxecto, Elena Candia mantivo unha reunión onte con Darío Campos para informalo do rexistro desta batería de propostas, entre as que puxo en valor apartados como o mantemento do Plan Único ou o reforzo do Servizo de asistencia de Cooperación cos Concellos tanto dende o punto de vista do número de efectivos como dos perfís ou niveis de cualificación dos mesmos (arquitectos, arquitectos técnicos etc.) para garantir unha prestación integral e efectiva dos servizos de asistencia e cooperación técnica aos municipios, especialmente aos de menor capacidade económica e de xestión.
“Sen proxecto serio”
Os populares lamentaron que Darío Campos non teña un proxecto “serio e que xere riqueza na nosa provincia” e, segundo exemplifica Candia, “podemos comprobalo non só ao estudar as contas, senón tamén no feito de que do único que puido presumir durante estes meses é dos proxectos e das propostas dos concellos e “vender a inversión ou ese proxecto que tivo o rexedor, o que demostra unha falta de proxecto na institución e máis cando estamos nunha provincia coma Lugo con tantos concellos pequenos que demandan tanta asistencia da Deputación”.
Por último a presidenta tamén fixo unha análise de partidas incluídas nas contas para 2018 propostas por Darío Campos e mentres valorou a inclusión dalgunha reivindicación como é o mantemento da dotación para asistencia económica aos concellos. Tamén foi crítica coa diminución da partida para estradas.
A popular lembrou que o aumento da dotación económica para a rede viaria provincial é unha das peticións do Grupo do PP e recordou neste senso que, no mes de outubro, se aprobou unha operación de endebedamento para a elaboración dun plan de estradas que non era circunstancial a esta anualidade e agora “atopámonos con que a cantidade que tiñamos cuantificada non se acada nos orzamentos e a maiores reducen en conservación máis dun millón de euros”. Ante este feito, a popular Elena Candia que “queremos pensar que isto non se debe a que se volve evidenciar un problema co deputado de xestión territorial”.




















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



