Burela, 19 de decembro de 2017. O Concello ven de presentar o libro Burela recicla o Nadal. Trátase dun manual de bos usos para concienciar á poboación da necesidade de reciclar nestas datas de Nadal nas que hai tanto consumo de alimentos, agasallos, embalaxes, etc. Son 1.000 exemplares os que se repartirán polos centros de ensino, na Biblioteca Municipal e tamén no Concello. No acto desenvolvido esta tarde participaron o alcalde, Alfredo Llano, a concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, e o autor dos textos, que é Xosé A. Perozo. O libro conta con ilustracións de Fran Muñiz.
O rexedor comentou que “a finalidade do Concello de Burela é dalgunha maneira concienciar, axudar e compartir a problemática que está habendo con respecto ao que é a grande cantidade de residuos que se xeran no día a día. Xa participamos nalgún encontro cos Concellos que están a favor loitar tamén contra o cambio climático. Nós imos traballar neste senso, coordinándonos cos outros Concellos e levando adiante tamén iniciativas propias como a presentación do libro que fixemos esta tarde. Titúlase Burela recicla o Nadal”. Llano dixo: “consideramos que nestas festas de Nadal hai moito consumo de xantares, de xoguetes, de embalaxes… e xéranse unha grande cantidade de residuos como consecuencia de celebrar estas datas”.
O alcalde burelés comentou que “aproveitando esta circunstancia foi polo que se editou este libro de 60 páxinas, moi atractivas para calquera lector. Está enfocado á familia. O texto é de Xosé A. Perozo e as ilustracións son de Fran Muñiz. No seu conxunto fan unha labor extraordinaria e complementaria”.
Alfredo Llano explicou que “son 1.000 exemplares que imos repartir nos centros de ensino, tanto nos de primaria como nos de secundaria. Darémoslle un número determinado de exemplares ao responsable de cada colexio, tamén estará na Biblioteca Municipal e darémoslle a algunha asociación á que lle poida interesar este tema e estará tamén no Concello para poder agasallar a algunhas das visitas que pasan por aquí”.
O rexedor engadiu que “é unha iniciativa do Concello, a través da Concellería de Medio Ambiente. Noelia Mª Ben participou no acto desta tarde. Consideramos que hai que darlle importancia a todo o que se está a facer neste senso desde o Concello e concrétase con este libro que acabamos de presentar e que leva consigo implicarse nunha responsabilidade e compartir aquilo que sexa mellor para que todos conformemos un pobo limpo, ordenadamente recollido e que se vexa claramente que os rapaces e as súas familias saben o que teñen que facer con calquera residuo que se teña na casa”.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



