Celebrarase este sábado, 23 de decembro, no pavillón de San Cosme. Xunto ao alcalde, Alfonso Fuente, estiveron o primeiro tenente de alcalde e a traballadora social do Concello. O rexedor fixo unha chamada á colaboración das veciñas e dos veciños de Barreiros xa que ese día se fará unha recollida para o Banco de Alimentos. Alfonso Fuente Parga declarou esta mañá que “todo o que se poida traer será benvido, pero o que necesitamos son produtos para o aseo persoal, pañales e leite. Iso é o que mais precisamos”. A festa de Papá Noel, a festa de animación infantil, desenvolverase entre as 16:00 e as 19:00 horas. Os nenos e nenas poderán participar en obradoiros, atraccións… Tamén gozarán dunha chocolatada e de gominolas. E haberá ambientación musical.























Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



