Ribadeo, 28 de febreiro de 2018. Ford está de novo en Ribadeo da man de Talleres Cardi, axente de ventas e postventa que inaugurará as súas novas instalacións este sábado ás 19:30 horas en Dompiñor, concretamente no quilómetro 555 da estrada Nacional 634.
Os propietarios de Talleres Cardi, empresa que tamén conta con instalacións en Lourenzá desde o ano 1983, son José Jesús Cancio Mesa e Roberto Díaz Expósito, quen explica que “a inauguración vai consistir en presentar o taller e o servizo oficial Ford que volve chegar a Ribadeo, localidade que quedara sen cobertura desta marca. Imos ofrecer uns pinchos, tomar uns viños e presentar aos clientes as instalacións este sábado, día 3, a partir das sete e media da tarde. É un acto aberto a todo o mundo que queira vir coñecernos; nosoutros estamos cos brazos abertos dispostos a recibilos a todos”
Roberto Díaz engadiu que “é un servizo oficial Ford e principalmente centrámonos na venta e reparación de coches. En canto á venta en principio estamos dedicándonos sobre todo aos vehículos novos de Ford, pero tamén temos de ocasión. En reparación atendemos a calquera tipo de vehículos de todas as marcas, pero é obvio que a nosa marca é Ford e prestamos o servizo de mantemento oficial e garantías, todo o que sexa relacionado coa marca”.
Díaz Expósito comentou tamén que Talleres Cardi “é unha empresa que se creou no ano 1983 en Lourenzá e levamos dende aquela co servizo Ford. Somos coñecidos, creo que en toda A Mariña, e imos ter as dúas sedes, de feito as reparacións de chapa e pintura vanse realizar todas no taller de Lourenzá. É unha aposta moi grande por parte nosa porque crear unha empresa é difícil. Temos catro novos traballadores e as nosas expectativas son contratar algún máis. Economicamente podemos andar sobre os 300.000 euros de investimento para poñer en marcha as instalacións de Ribadeo”.
Ford está de novo en Ribadeo da man de talleres Cardi, axente de ventas e postventa que inaugura as súas novas instalacións en Dompiñor este sábado
-
Seguinte
Hoxe coñeceuse que a fiscalía denuncia á cooperativa Os Irmandiños por un presunto delito contra os recursos naturais. O Alcalde de Ribadeo agarda que a xustiza traballe e faga o que teña que facer e lembrou que durante 4 anos o Concello dirixíuse sen éxito a diferentes administracións e á propia empresa co obxectivo de que tomasen as medidas oportunas para que non se producisen máis vertidos ao río Grande





















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



