Sábado 10 de marzo ás 18.00 h.no Teatro Pastor Díaz

Unha maneira divertida e creativa de reciclar mentres soñan con aventuras baixo o mar.
Este mércores, 9 de xullo, a partir das 12h o Concello organiza unha excursión en kayak desde o porto de O Vicedo ata o Río Sor. Trátase dunha excursión dunhas 2 horas onde se fai un percorrido fantástico cruzando a ría para emprender a subida polo río Sor, pasando por debaixo das pontes sobre o río, Illa de S. Martín, Negradas e rematando na contorna de Ribeiras do Sor. Unha actividade para todas as idades que ten un custe de 20 € por persoa. Inclúe materiais e transporte de regreso desde Ribeiras do Sor ata o Porto do Vicedo. Inscricións no 982 59 01 95 en horario de mañá e tarde.
O Club Shitokai Galicia A Mariña presentou a catro aspirantes que resultaron aprobados: Carlos Fernández e Elena Dovale: 2º Dan (coa inestimable colaboración de Alejandra Gómez nos traballos técnicos por parellas). Gael Álvarez e Cristian Rancaño: Cinto Negro. Con estes resultados alcanzaron xa a cifra de 160 Cintos Negros Oficiais RFEK recoñecidos por CSD. A destacar o magnífico traballo realizado por todos os aspirantes.
Nada se puido facer por salvarlle a vida. O 112 Galicia foi coñecedor deste suceso uns vinte minutos antes das 14:00 horas deste domingo, momento no que un coche e unha moto colidiron, co motorista inconsciente logo do impacto. Desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Ortigueira, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local. Os medios acudiron ata o punto, no quilómetro 49 da AC-862, pero só puideron confirmar o falecemento do motorista.
Entregaron os agasallos a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, e o concelleiro Alfredo Fernández. 1º Premio: Banco de Loiba, de Diego Pérez Dopico. 2º Premio: Bolboretas: sementadoras de vida, de Germán Paleo Navarro e Paz, de Marcial Fernández. TOP CERVO: Ruínas, de Consuelo Fra Fernández e Paz, de Marcial Fernández. Mención especial para Adaoemam A Mariña "por ser sempre tan participativa en todas cantas iniciativas se promoven desde o Concello".
Este 5 de xullo, como todos os primeiros sábados de mes, reclamaron unha vez máis unhas pensións dignas.
Á cita acudiron máis dun centenar de persoas. No espectáculo, que atraeu a un numeroso público, realizouse unha viaxe emocional pola historia do mar galego, fiado a través de relatos reais e cantigas populares interpretadas en directo. A obra recupera vivencias de naufraxios na Costa da Morte, rendendo homenaxe tanto a quen perdeu a vida no mar como a quen quedou en terra: viúvas, orfos e persoas que prestaron auxilio, co obxectivo de que as súas historias non caian no esquecemento.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital