Esta semana santa farase unha actividade que nos lembra aos mércores de natureza do verán. Trátase dunha ruta guiada en tren ata Folgueiro para achegarse camiñando ata o Fuciño do Porco e continuar despois ata San Román. Comeremos alí mesmo e voltaremos en tren de novo ata O Vicedo. Para os que non queiran/poidan ir en tren ou estar toda a ruta, hai a posibilidade de quedar na explanada do Bar Alba (Folgueiro) e comezar alí a ruta e despois rematar en San Román e regresar ata o Bar Alba. Anotacións no teléfono 982 59 01 95. Importante: Levar bocadillo e bebida para comer en San Román e calzado e roupa axeitada para camiñar. A ruta é duns 12 km e é turística, é dicir, camiñarase a un ritmo moi normal, apto para a maioría da poboación e faranse paradas explicativas nos principais puntos de interese.




















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



