Lugo, 18 de abril de 2018. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, os Alcaldes da Fonsagrada, Trabada, Pedrafita do Cebreiro, Ribadeo, Ribas de Sil e Pol, Secretarios, Interventores e Traballadores Sociais do organismo provincial e dos municipios mantiveron este mércores unha reunión de traballo para definir o regulamento, a ordenanza de acceso e as tarifas das residencias e centros de días de Deputación e Concellos.
A denominada Comisión Técnica Participativa dos Centros da Terceira Idade avanzaron no peche de ditos documentos, que son necesarios para a apertura destas dotacións sociais. Deste xeito, o organismo provincial fixo entrega aos municipios dos borradores do regulamento de réxime interior, documento que recolle os dereitos e deberes dos usuarios, horarios, prestación de servizos…; da ordenanza de acceso, que establece a prioridade dos veciños do Concellos onde se sitúa o centro, logo os da bisbarra e comarca e seguidamente a lucenses en xeral, así como os criterios de valoración, trámites de solicitude, documentación a entregar, institución pública a cal dirixirse…; e a ordenanza fiscal, que recolle as tarifas, incluíndo as axudas da Deputación de ata 600 euros/mes para residencia e de 300 euros/mes para xornada completa en centro de día, entre outras cuestións.
Respectando a autonomía municipal, os Concellos farán durante estes días todas as súas suxestións para, a vindeira semana, manter outro novo encontro no que avanzar no peche destes documentos.
A Deputación prestará en todo momento asistencia técnica para homoxeneizar o posible estes documentos, tendo en conta as necesidades e situacións diferenciais de cada municipio. Unha vez pechados, os Concellos deberán aprobar os mesmos nos seus respectivos Plenos municipais.
Dende o público para o público
Ao igual que a Deputación contou cos Concellos e cos técnicos para definir o modelo de xestión pública directa das residencias e centros de días e para establecer con todas as garantías legais que as prazas sexan para os lucenses e que o seu acceso sexa universal, con independencia da distinta situación económica dos maiores da provincia; tamén involucra agora a Alcaldes e técnicos na elaboración destes documentos.
Faino porque son os municipios os que teñen as competencias directas en materia de servizos sociais, porque respecta a autonomía municipal e defende que son os Concellos (Alcaldes e técnicos locais) os que mellor coñecen as necesidades sociais e económicas, que son diferentes en cada territorio, para a consecución da mellor prestación pública de servizos sociais públicos para maiores da provincia nos centros de maiores públicos de Deputación e Concellos, tanto pola calidade dos servizos como polo seu custo a usuarios e institucións públicas.
Secretarios e Interventores traballan na consecución destes fins sociais, froito da vontade ou decisión política, atendendo ao estrito cumprimento da nova normativa vixente e velando pola garantía do mellor destino dos fondos públicos.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



