Lugo. 24, abril, 2018. O Grupo Provincial do PP reprobou hoxe ao presidente da Deputación de Lugo ao que lle pide que cambie a súa actitude ante o que está a pasar no seu Goberno e asuma unha maior implicación coa institución que preside. “Presidente, céntrese na Deputación, deixe de dar espectáculos, res-pecte as minorías e, cun ánimo construtivo, pedímoslle que cambie de actitude”. Censuran o vitimismo do mandatario cando puido sacar adiante os Orzamentos e tivo todo o apoio “da oposición máis construtiva que tivo a institución ao longo da súa historia”.
O popular Carlos Armesto explicou que, cada vez máis, o habitual na Deputa-ción “é ver un esperpento, un desorden no que o presidente é incapaz de co-ordinar este pleno, no que as faltas de respecto son continuas e constantes”. “Se hai unha reprobación merecida, xusta e necesaria é a da actitude deste presidente e deste equipo de goberno que roza o esperpento e o ilegal ao machacar os dereitos da oposición e dos que aínda son compañeiros seus e do seu vicepresidente ata hai uns días”.
“Non é agradable, a peor situación que lle pode pasar é verse reprobado pola institución que preside e debera dirixir, pero iso xa non o fai. Cada pleno hai novidades, dun tema normal que se podería debater fan un circo e esa é a imaxe que dan. Incluso nos medios nacionais vemos ese circo e nunca pen-samos que alguén podería facer bo a Besteiro, pero xa o conseguiu nos pri-meiros meses. A realidade o demostra”. “Con reprobar, apuntou, queremos dicir criticar enerxicamente a actitude dunha persoa. É una institución seria e quen fai esta proposta é o PP, pero poden preguntarlle aos medios e á poboación e farían o mesmo”.
TRES VICEPRESIDENTES EN DOUS ANOS
Armesto explicou que en menos de dous anos Campos leva tres vicepresiden-tes. “A este paso é mellor cambiar o presidente”, indicou. “Pido cordura e sen-satez e se teñen unha minoría teñen un PP serio e traballador e construtivo. En poucas oposicións de España o partido maioritario aprobou os presupostos de tres exercicios, sacamos un plan de estradas, o plan único para os concellos. Tiña fácil gobernar, só tiña que facer de árbitro, pero como nada é suficiente vemos como o proxecto das residencias, onde se ían construír 12, hai 3 terminadas e nunha Xunta de Goberno anula a convenio do besteirismo.
Lamentou ademais que se xogara cos intereses das persoas ás portas dunha eleccións municipais en 2015 a través do BOP convocando un selección para cubrir as prazas e centos de persoas pagaron as taxas, preparan os temarios e agora seguen á espera de ter un traballo. “Hai 70 seleccionados que despois de 3 anos de espera pensan que poden acceder e dinlles que non hai nada do acordado. Non poden facer iso, crear esa inseguridade xurídica”, expuxo.
“Este partido vai traballar para que se cumpra coa legalidade e poidan acadar os seus postos de traballo, polo que pedimos un cambio de actitude, porque llo piden os lucenses, que lle dea a seriedade á institución que merece”.
Armesto insistiu en que “o problema do presidente é que converteron a insti-tución na sede do PSOE, tal como dixo un dirixente socialista e creo que ten razón. Non se poden usar as cousas para iso, céntrese na institución e en tra-ballar. A metade dos acordos que se tomaron por maioría e o 30% por unani-midade non se sabe onde están. Ten que facer valer a súa vontade, non ten autoridade para dirixir isto, confunde partido e institución. A intención é poñer orde aquí e no ano que queda que poña sentido común e recoñeza que está en minoría”, incidiu.
AGRADECEMENTO AO BNG
Os populares agradecen que o BNG facilitara coa súa abstención a aprobación desta iniciativa, o que deixa ver as inxustizas que o equipo de Goberno comente cos nacionalistas. Aínda así, Armesto recordou a actitude do presidente con eles, coas minorías, coas súas mocións e as súas dedicacións, polo que, dixo, hai que ser coherentes e creo que tocaba unha condena enérxica.
REGULAMENTO ORGÁNICO DA DEPUTACIÓN
Os populares lamentan que non se puidera debater a súa moción sobre a modificación do regulamento orgánico da Deputación co que se pretende un maior control da institución por parte do Pleno. Tal e como explicou a voceira do PP, Elena Candia, o texto íntegro xa foi informado en marzo de 2017 favo-rablemente incluso cun informe do secretario daquel momento no que aplaudía a nova redacción e aconsellaba actualizar o texto.
Candia censura que ademais de non someter a votación a proposta, pese a ser a mesma que a xa presentada naquel momento, tampouco se puidera, aplicando o regulamento en vigor, tratar se deixala ou non sobre a mesa, como mandou o presidente de xeito unilateral. “Estaba claro que pretendían que non se debatera”, critica a popular.


















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



