Ribadeo, 25 de abril de 2018. O salón de plenos do Concello acolleu esta tarde unha recepción a Candela Vázquez Iglesias, xogadora ribadense que foi terceira clasificada no campionato de España alevín feminino de seleccións autonómicas de fútbol 8.No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, os concelleiros de Deportes e Igualdade, David Rivas e Mariluz Álvarez Lastra, e o técnico de Deportes, Iván López.
O edil de Deportes, David Rivas, sinalou: “benvida Candela, sobre todo, e benvidas, benvidos todos os que estades acompañando a Candela neste pequeno grande acto de recoñecemento. Pequeno porque vedes que estas recepcións que facemos no Concello son actos modestos e case familiares. Invitamos á deportista, ao club e despois, obviamente, ven a familia e os amigos máis achegados. Pero para nosoutros tamén é un acto grande polo que simboliza ter unha rapaza de Ribadeo no podio dun campionato de España de fútbol”. E lembrou: “sabedes que hai unhas semanas fixemos unha gala do deporte na que se recoñece o traballo e os éxitos deportivos de todos os clubs ao longo da temporada. Entran campionatos comarcais, provinciais, galegos e de España, pero parécenos que as situacións extraordinarias requiren medidas extraordinarias e entón cando un deportista ou unha deportista consegue algo tan complicado como unha medalla nun campionato de España merece algo máis. Obviamente Candela vai ser premiada na próxima Gala do Deporte que faremos en outubro este ano, se todo vai ben, pero cando pasan estas cousas gústanos recibilos aquí, neste salón de plenos”.
O concelleiro ribadense dixo que “para nós é un orgullo ver como está funcionando o deporte base en Ribadeo e ver como as escolas deportivas que tanto traballo nos costa sacar adiante, non só económico senón tamén incluso legal porque a legalidade agora dinos que as escolas deportivas deberíamos licitalas e que fora unha empresa a que viñera impartir todos os deportes. Pero a nosoutros sinceramente parécenos que non é a vía máis vantaxosa nin para os clubs nin para os deportistas; para os clubs porque as escolas deportivas supoñen unha inxección económica importante ao longo do ano e tamén pensamos que para as nenas e nenos é moito máis vantaxoso que adestren e que vaian formando piña ao longo do ano co equipo e cos adestradores cos que van competir despois. E vemos que estas escolas deportivas dan os seus froitos”.
David Rivas manifestou esta tarde que “obviamente hai que recoñecer o traballo dos clubs porque o labor e o investimento do Concello sen un bo traballo técnico e de planificación detrás caería en saco roto. E grazas a este traballo temos hoxe a Candela cunha medalla de bronce no campionato de España de fútbol por autonomías, seleccionada co combinado asturiano por estar esta temporada xogando no Barres. Nin que dicir ten que celebramos esta medalla exactamente igual que o ano pasado celebramos a de Sofía xogando coa selección galega e igual que celebramos calquera medalla dun deportista ou dunha deportista ribadense porque realmente as metas que teñen os nosos deportistas son as nosas propias metas e traballamos para que poidan acadalas. Sen máis desde aquí desexarlle a Candela que siga disfrutando do fútbol, que siga divertíndose e que siga medrando deportivamente como ata agora o está facendo. Noraboa”.
A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, sinalou: “quero darlle a noraboa porque desde logo como muller e como concelleira é un orgullo ter unha deportista que sexa muller e que destaque non deporte amplamente masculinizado e moi orgullosa tamén porque forma parte do equipo no que o meu fillo compite. Son unha piña e Candela é moito máis que unha xogadora porque é o motor do equipo, é a que dá alegría e desde logo a que está en todas as salsas, como non podía ser doutra maneira. O cal quere dicir que o peso das mulleres alí onde estamos é moi significativo e moi importante porque ademais de xogar e participar transmitimos e facemos outras cousas que ao mellor o xénero masculino non ten asumido e non o fai. Ven as cousas, organízanse e ven a disciplina do deporte doutra maneira”.
Para a edil ribadense “é unha pena que non poida seguir competindo con eles porque chega a unha determinada idade e eu creo que iso a nivel legal sería algo que teríamos que reivindicar porque se lles cortan moitas alas. No fútbol non vai poder continuar polas moitas cortapisas que se lle poñen. E eu creo que aí é onde as institucións temos que dar a batalla para que isto non sexa así, para que sexan recoñecidas ao mesmo nivel que os equipos masculinos de fútbol. Así que eu sei que ela é guerrilleira, coma min, e entón nalgún momento recolleremos firmas ou faremos algo para que isto vaia cambiando. Temos que inventar algunha campaña para que isto cambie para non perdela”.
Finalmente o alcalde, Fernando Suárez, dixo: “eu teño que darche a noraboa no nome de toda a Corporación de Ribadeo. Parece que vos vai vindo de familia porque o ano pasado estivo túa irmá aquí e ti vaslle á zaga. O único que che podo dar é un consello: toma isto con moito orgullo porque unha rapaciña tan nova con este triunfo moral e deportivo tan importante tenche que quedar para toda a túa vida. Seguro que vas ter moitas máis oportunidades para ganar máis cousas porque apuntas maneiras. Outro consello tamén, non deixes de esforzarte e de formarte academicamente. Dálles aos estudos ben forte, igual que lle das unha patada ao balón. Queremos darche este detalle, que reflexa a onda do mar e o escudo de Ribadeo, queremos que o teñas onde escollas e que o luzas con orgullo”.
Pola súa banda, Candela Vázquez deulle as grazas ao Concello polo agasallo e polo recoñecemento desta tarde. E a presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide, aproveitou o acto para anunciar que a nova directiva deste club ten o proxecto de crear un equipo de fútbol feminino de categoría sub 14.




















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
