Ribadeo, 2 xuño de 2018. O Teatro acolleu este sábado a entrega de premios do XIII Ribadeo de Tapeo. A cita arrincou co discurso pronunciado pola concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio, Ana Martínez, que lembrou o esforzo que hai detrás da organización dun evento destas características. Tivo palabras de agradecemento para as dúas persoas que impulsaron o Ribadeo de Tapeo hai trece anos e para todas as que traballan agora para que esta cita gastronómica sexa unha auténtica referencia nesta comarca e fora dela. Martínez tamén deu as grazas a todos os membros do xurado, homes e mulleres, que ao longo destes anos se encargaron de probar, seleccionar e elixir as mellores tapas, así como ao público por saír edición tras edición a tapear. Neste 2018 foron 45.000 as tapas vendidas, segundo a concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio.
Os encargados de entregar os premios ás tapas gañadoras deste 2018 foron ademais de Ana Martínez, os concelleiros de Limpeza Viaria, Jorge Díaz, de Igualdade, Mariluz Álvarez, de Sostibilidade Ambiental, Paz Ermida, e de Xuventude, Vanesa Yanes.
A entrega de premios estivo salpicada de pezas musicais interpretadas por algúns dos grupos que participaron na III edición dos Cantos de Taberna, que ao remate do acto fixeron as delicias dos asistentes cantando e tocando xuntos pezas populares galegas.
1 PREMIO
Hotel AG Porcillán
Xógaras de Porcillán.
2 PREMIO
Texturas Galegas Javier Montero
Brownie salgado.
3 PREMIO
El Oviedo
Carpaccio de ova curada, emulsión de kefir con algas, manteiga de ourizo e vexetais conservadas en vinagre.
TAPA RIBADEO
El Parador de Ribadeo
Petisco de mar.
MENCIÓN ESPECIAL
Restaurante Marinero
Rabodeo.
MENCIÓN ESPECIAL “MELLOR VALORACIÓN NA APP MÓBIL”
O Alén
“O barril do bodegón recheo de bacallau”
Tamén recibiron esta tarde os agasallos do Tapear ten premio, ducias de clientes, que resultaron premiados no XIII Ribadeo de Tapeo. Eses regalos foron doados por gran parte dos establecementos participantes.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



