A Mariña, 25 de outubro de 2018. O BNG, reuníuse con xubilados e pensionistas da Mariña para analizar cos diferentes colectivos a situación que están atravesando despois de meses de loita, de concentracións e mobilizacións en Foz, Barreiros, Ribadeo, Mondoñedo, Lourenzá….
Os pensionistas trasladaron ao BNG a súa preocupación polos poucos avances que se levan producido no tema das pensións, porque mais aló da actualización das mesmas co IPC, nada se avanzou.
Para o BNG, igual que para estes colectivos, é indispensable a derrogación das reformas laborais, a raíz das cales se precarizaroon as concdicións de traballo e os salarios, sendo esto moito mais acentuado no caso das mulleres.
Na reunión tamén se fixo fincapé na situación das pensións en Galiza, que son as segundas mais baixas do Estado.
As pensións son un dereito social, polo tanto hai que blindar o Sistema Público de Pensións.
Neste sentido pronunciaronse todos os asistentes, que mostraron o seu temor ao intento de privatización das pensións por parte das grandes corporacións financeiras que manexan os fondos de inversión e presionan aos gobernos de turno para entrar co seu negocio nas pensións, e é por eso polo que se artellen medidas claras para blindar o Sistema Público de Pensións, algo que o BNG defendeu sempre e vai seguir facendo , tal como afirmaron Olalla Rodil, e Ana Ermida, a responsable comarcal da organización nacionalista.
Seguir na loita, e con unidade de acción
Con esta afirmación, compartida por todos os colectivos remataron o acto, recordando as súas táboas reivindicativas, que ademais da actualización das pensións co IPC, siguen insistindo na derrogación das reformas laborais, penisón mínima igual ao SMI, recoñecemento da xubilación ordinaria aos 65 anos, ou a supresión do factor de sustentabilidade (que está parazada ata 2023, pero é necesaria a súa desaparición).


























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



