A Mariña, 3 de novembro de 2018. O salón de actos do centro cívico de Xove acolleu esta noite o sétimo dos oito sorteos que a FCAM realiza ata o 10 de novembro e nos que está a repartir máis de 10.000 euros en premios. Cada fin de semana póñense en xogo 1.500 euros en vales de compra.
Os gañadores dos premios de 100 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados á Aciam xovense foron: Cristina Franco, Manuel Pena, Paula Fernández, José Prieto e Antoneta Macau. A gañadora dos 200 euros foi Isabel Puñal; os 300 euros foron para Emilio Rego; e a gañadora dos 500 euros en vales de compra foi Antoneta Macau.
Os encargados de entregar os premios aos afortunados e afortunadas deste sorteo da Federación de Comercio A Mariña foron o presidente da Asociación de Comerciantes de Xove, Juan Carlos López, e o alcalde, Demetrio Salgueiro.
O último sorteo desta importante campaña da FCAM será o vindeiro sábado, 10 de novembro, en O Vicedo.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



