A Pontenova, 9 de novembro de 2018.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, inaugurou hoxe o obradoiro de emprego Eo-Navia II, que nos vindeiros nove meses formará a 20 alumnos traballadores nos campos da albanelería e a construción.
A iniciativa é promovida polo Concello da Pontenova conxuntamente cos da Fonsagrada e Negueira de Muñiz e está financiada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria cun investimento de 288.800 euros, segundo apuntou o delegado.
Balseiro subliñou que este proxecto proporciona emprego e formación a persoas en situación de desemprego. A especialidade de ‘Operacións auxiliares de albanelería, fábricas e cubertas’ conta con seis alumnos da Pontenova. Outros tantos de Negueira de Muñiz adquirirán coñecementos nesa mesma modalidade e tamén na de ‘Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización’. Na Fonsagrada, oito persoas formaranse en ‘Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción’. No taller hai ademais catro contratos para postos de dirección, administración e monitores (2).
Balseiro indicou que os obradoiros forman parte das políticas activas de emprego impulsadas pola Xunta e salientou que “responden ao dobre obxectivo de mellorar a formación das persoas participantes, o que incrementa as súas posibilidades de optar a postos de traballo máis estables e con máis calidade, ao tempo que realizan obras e servizos de interese xeral para os concellos nos que se desenvolven”.
No caso deste obradoiro, que se estenderá ata finais do mes de xullo do 2019, están previstas obras de mellora en diversas infraestruturas municipais. Os seis alumnos da Pontenova acometerán a substitución da cuberta e reforma da antiga escola de Xudán, mentres que os oito alumnos traballadores do concello da Fonsagrada encargaranse da mellora e acondicionamento da escola unitaria da Pobra de Burón.
En Negueira de Muñiz, executaranse proxectos de rehabilitación de camiños tradicionais e construcións de interese etnográfico. En concreto, intervirase nos viais de Vilas de Arriba e no de ‘lavadoiro’, así como na seimeira de Negueira e no pozo de Bustelo.
Durante as últimas semanas puxéronse en marcha a práctica totalidade dos 20 obradoiros programados na provincia de Lugo, dous deles para menores de 30 anos. En total, involucran a 50 concellos, supoñen un investimento da Xunta de 5,5 millóns de euros e suman 472 contratacións. Cabe lembrar que na presente convocatoria o Goberno galego atendeu o cen por cen das solicitudes formuladas polos concellos lucenses.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



