Burela 11-11-18. O Pescados Rubén Burela FS pechou a xornada 7 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo cun triunfo de máis de tres puntos nunha gran cita con paciencia, fluidez en ataque e boa defensa. As pupilas de Julio Delgado e Lucas seguen avanzando aferrándose á primeira praza con 3-0 fronte a un rival directo, Penya Esplugues; este resultado outórgalles a vantaxe de 4 puntos co segundo, Atlético de Madrid, e 5 coas catalás.
Luci, no minuto 6, con oportuno pé de Muni, e Lara Balseiro, contra o pau, foron as primeiras en avisar das intencións mariñás, ante un rival cunha gran defensa, que as locais puideron ir descontrolando co paso dos minutos. No ecuador da primeira parte, a fortuna non estivo ao lado das laranxas, tras o tempo morto, con dobre tentativa de Cristina, bloqueada primeiro por Muni e no rexeitamento contra o pau. A murciana tíñaa aí e na terceira non errou, segundos despois, asistida por unha maxistral Dany. Ana Romero estivo moi atenta ao bordo do área, tan só un minuto despois, fronte a Pilar; era a segunda das catalás que xa tentearan a rede local, no 6, con Riscos. Volveu á carga o Pescadso Rubén, con Dany, para subir o 2-0; a 3 burelista recolleu un balón morto que superou sixilosamente a liña de meta sen reacción das visitantes.
Nunha segunda parte con menos desequilibrio, Cristina dispuxo doutra dobre ocasión de ouro, no 32, primeiro coa meta Nerea como muro e despois cun balón demasiado alto. De novo a 5 burelista atopou o gol, á terceira, cun disparo desde a frontal, que pegou en Cèlia antes de entrar. Repetíase o guión da primeira parte, e de novo, tras o tempo morto, as galegas intentaron facer dano, cunha gran xogada de Dany á que chegou Cilene ao segundo pau e foise por poco. Con cinco minutos por diante, o Penya Esplugues saíu con xogo de cinco sen perigo.
Peque e Luci, coa Vermella
Peque e Luci incorporaranse esta noite á concentración da Selección Española en Almería, con dous amigables programados con Rusia, o martes e mércores en Níjar.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cristina, Cilene, Peque, cinco inicial; tamén xogaron Jenny, Luci, Alves, Lara Balseiro
Penya Esplugues: Muni, Estea, Arantxa, Cèlia, Laura, cinco inicial tamén xogaron Berta, Riscos, Zoe, Pilar, Iris, Nerea
Goles: 1-0, minuto 11, Cristina; 2-0 minuto 13, Dany; 3-0, minuto 33, Cèlia (p.p.)
Árbitros: Feliz Otero // Nóvoa García (Galicia). Por Burela amarela a Jenny (minuto 6), Dany (minuto 34),Cristina. Por Penya, amarela a Estela (minuto 19), Riscos (minuto 30), Berta
Incidencias: Partido correspondente á xornada 9 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado en Vista Alegre ante unhas 500 persoas. Vista Alegre solidarizouse cos traballadores/as da multinacional Alcoa, lucindo a pancarta do comité de empresa da planta de San Cibrao no fair play.




























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
