Burela, 14 de novembro de 2018.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou que a fase da obra de ampliación do Hospital Público da Mariña permite aumentar 6.000 metros cadrados a súa superficie sobre os 17.600 xa existentes, un 33% máis.
Logo de lembrar que tras a ampliación da carteira de servizos o obxectivo era dotar este hospital público dunhas instalacións co espazos amplos e cómodos tanto para os pacientes como para os traballadores, Feijóo precisou que o investimento desta primeira fase chegará aos 10,5 millóns de euros, ademais dos dous millóns de euros destinados a equipamento.
“Durante a primeira quincena de decembro realizarase o traslado e as obras da seguinte fase iniciaranse antes de que remate o ano”, avanzou, subliñando que cando a segunda fase estea rematada e entregada, no verán de 2019, a capacidade de hospitalización se verá incrementada un 11,5%.
Durante unha visita ás novas instalacións, o responsable do Goberno galego aseverou que con esta primeira obra o hospital consegue mellores espazos asistenciais destinados á hospitalización das áreas cirúrxicas. Ademais da mellora no espazo do hospital de día onco-hematolóxico, que pasará de dispoñer 120 a 270 metros cadrados para albergar os 13 postos de tratamento.
“Haberá tamén unha nova zona de consultas externas onde estarán situados os 33 locais de consultas externas, dúas salas de endoscopias dixestivas, unha sala de técnicas cirúrxicas ambulatorias e un gabinete para cardioloxía. A nova área de oftalmoloxía conta con 10 locais con aparellaxe completamente renovado, moderno e con novas prestacións. E grazas a esta reforma a Farmacia estará dotada con modernos medios electrónicos para almacenamento e mellores instalacións para atender os pacientes”, explicou, ao que tempo que engadiu que o proxecto de ampliación inclúe a dotación dun novo aparcamento con 230 prazas en dúas plantas.
En relación á fase da obra pendente, resaltou que se remodelará a actual hospitalización das áreas cirúrxicas, a reforma de diálise e do hospital de día médico. E tamén se crearán novos locais de consultas externas e gabinetes de exploracións e reformarase toda a área administrativa.
O responsable autonómico afirmou que esta obra contribuirá a mellorar aínda máis a calidade do servizo deste hospital público. Un servizo que mellorou nos últimos anos. Non en van, a espera cirúrxica reduciuse á metade; e a de consultas externas pasou de 41 a 34 días de media.
Nesta mesma liña recordou que desde 2012 a carteira de servizos do hospital se incrementou de forma notable: con tres equipos HADO-Paliativos que xa atenderon, desde o inicio en 2014, 633 pacientes; coa unidade de retina de oftalmoloxía que evita desprazamentos a Lugo para recibir tratamentos mensuais; co hospital de día onco-hematolóxico, que permite, desde 2015, tratar os pacientes que antes tiñan que desprazarse a Lugo ou á Coruña, e que só en 2017 administrou 4.753 tratamentos.
O presidente da Xunta quixo destacar unha vez máis o labor das mulleres e homes que cada día traballan para facer mellor o Servizo Galego de Saúde, e cuxa profesionalidade fai posible que, segundo os últimos datos do barómetro sanitario referidos a 2017, os galegos outorguen á Sanidade pública da Comunidade a mellor nota desde que hai rexistros.
Fejóo concluíu resaltando que, se ben o hospital é un eixo de actuación prioritario para a Xunta na Mariña, non é o único obxectivo para a zona como pon de manifesto a nova escola infantil pública dos Castros ou a aposta polas infraestruturas como o novo acceso ao porto de Burela.



























A clasificación final quedou do seguinte xeito: en Sub-10, Los 5 FC proclamáronse campións, seguidos de Los Balones; en Sub-12, o primeiro posto foi para Aston Birra, seguido de Minavo de Kiev e The Blues Bananas; en Sub-15, o equipo Piti levou o título, seguido de PDC e Camoca; en Sub-17, PDC acadou o primeiro posto, por diante de Papa Cu Leti e Motototo; e na categoría Sénior, Motototo resultou gañador, seguido de Descansa e Texeira Lima. As medallas foron entregadas pola alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros José Manuel Balseiro e Alfredo Fernández, que felicitaron a todos os participantes polo seu esforzo e deportividade.
As reservas poderán realizarse por teléfono, chamando ao 982 560 162, ou a través do correo electrónico cultura@viveiro.gal, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada persoa poderá solicitar un máximo de catro entradas. Desde o Concello de Viveiro anímase á veciñanza a asistir a esta representación e lembra que as reservas se atenderán a partir da apertura do prazo.
A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.



