A efeméride (20 de novembro), data de 1954; a Liga de Nacións establece que “a Humanidade debe ós nenos o mellor que pode ofrecer”. Día para a comprensión entre os nenos, polo benestar e polos dereitos dos rapaces do mundo.
En 1971 celebrouse en Foz a 1ª Feira da Arte Popular Galega, iniciativa pioneira, á que acudiran artesáns de toda Galicia. Seguindo a pista a éstes ,soubemos que a Cidade dos Muchachos de Ourense, Bemposta, dispuña dun espectacular ”stand” no que, á vista do público, mais de 50 artesáns dos seus talleres, producían e vendían pezas de alfarería, madeira torneada, zocas, serigrafía, coiro repuxado, forxa, cestería, encaixes de Camariñas… Un vello amigo franqueounos a porta do P. Silva, fundador da institución, ao que visitamos para solicitar del a presenza do stand na feira de Foz, feito que se consumou na inmediata de 1972. Moitos outros artesáns ,a título personal, completaban a que foi a demostración artesà de magnitude nunca ata entón coñecida por estas latitudes: como a chantadina Elvira R. Osorio, daquela a mais prestixosa tecelá de Galicia, con obra espallada por media Europa,, en mans das mais outas personalidades. Pepe de Burón, tallista focego, presentara a súa xenial imprenta Gutemberg, que, tallada en madeira , realizara a minerva e tipos de letra, imprimindo para os visitantes; algo tan exitoso e solprendente, por nunca visto. A rede galega de telelclubs montara unha sensacional mostra con grande surtido de pezas orixinais, descoñecidas para o gran público, etc… A novidade que a Feira siñificou atraera exursións de provincias limítrofes.
Era a primeira vez ,trala guerra civil, que en Foz ondeaba en acto público e multitudinario a bandeira galega, que permañeceu izada nas tres edicións da feira cos atrancos e os riscos doados de maxinar…
O coro de 60 voces de Bemposta gravara un disco coa colaboación de músicos insiñes, como o francés Frank Pourcel dirixindo, entre outras, a canción “ Os dereitos do neno”, peza singular que resume a filosofía que inspirara a obra do P.Silva., apóstolo na defensa e protección da infancia desvalida. Dí así: “1º tódolos nenos nacen libres e iguais no amor. 2º: todo neno ten dereito a esixir contas á Sociedade polo mundo que ésta lle preparou .3º: todo neno é libre como o aire que respira, sempre que éste non estea contaminado. 4º: a verdade sae da boca dos nenos: todo neno ten dereito a comunicar os seus pensamentos e opinións ós adultos que o arrodean. 5º: tódolos nenos deben pagar en prioridade ó tesouro familiar o seu imposto de amor. 6º: todo neno é libre de protestar polo traxe de mariñeiro que o obrigarán a vestir entre os cinco e catorce anos. 7ª: todo neno é inocente ata que sexa decrarado culpable de chegar a home. 8º : todo neno é responsable dos futuros fillos do home que será un día…”,
P.D. : o día da visita ao P. Silva , celebràbase no Pavillón de Deportes de Ourense unha edición do “Certame da Canción do Miño” , ó que asistimos. Resultara trunfador/revelación da noite, o que dende entón é un nomeado cantante: Xil Ríos.
























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



