Lugo, 22 de novembro, 2018. O Grupo Provincial do PP presentou unha moción para o seu debate no Pleno que a Deputación de Lugo celebrará o vindeiro martes día 27 para instar ao Goberno do Estado a que desista da súa intención de introducir peaxes nas autovías. Os populares reclaman que se leve a cabo un debate máis profundo no que participen todos os actores implicados (administración estatal, administracións autonómicas, grupos políticos, representantes das concesionarias e construtoras, representantes dos diferentes grupos de usuarios, expertos…), sobre o sistema de financiamento da conservación e mantemento da rede de estradas que non sexa prexudicial para os usuarios.
O Grupo Provincial do PP presenta esta moción logo de que o Ministerio de Fomento anunciara a súa intención de ter listo antes de que remate esta lexislatura o novo sistema de conservación e mantemento da rede de estradas, para o que se contempla introducir o pagamento dunha peaxe por circular polas autovías.
Galicia, que xa soporta 273 quilómetros de autopistas de peaxe dependentes do Ministerio de Fomento e outros 54 da Xunta de Galicia, vería así incrementado de maneira substancial o cobro de uso das súas vías de comunicación, ao sumar a dita tarificación os 559,9 quilómetros da rede estatal de autovías na comunidade.
Polo tanto, a nosa Comunidade pasaría a sumar un total de 887 quilómetros que poderían quedar suxeitos ao pagamento de peaxe. Ademais, polo seu carácter periférico Galicia quedaría cercada por este tipo de cobros nas súas saídas polas dúas grandes arterias galegas de conexión coa Meseta; a A-6 ou autovía do Noroeste e a A-52 ou autovía das Rías Baixas, así como pola A-8 ou Transcantábrica.
O Goberno do Estado ten manifestado que non ve con malos ollos a proposta da Asociación de Empresas Construtoras e Concesionarias de Infraestruturas (Seopan) que considera que para o horizonte dos próximos 25 anos as autopistas e autovías do país poderían contar cunha peaxe de entre 1 e 3 céntimos por quilómetro para os vehículos lixeiros e de entre 5 e 14 para os pesados.
Consecuencias moi prexudiciais
Coa proposta de Seopan, viaxar de A Coruña a Madrid en coche sairía entre 5,91 e 17,73 euros e entre 29,55 e 82,74 euros lles custaría aos camións. Desde Vigo as peaxes terían un importe similar, entre 5,89 e 17,67 euros para os lixeiros e de 82,46 euros para os pesados. Viaxar entre Lugo e A Coruña, agora gratis por autovía, tamén pasaría a ter un custo en peaxes de 2,85 euros para vehículos lixeiros no escenario máis caro.
Os populares advirten que, de levarse a cabo a introdución de peaxes nas autovías que promove o Goberno do Estado, tería unhas consecuencias moi prexudiciais para empresarios, autónomos, transportistas e consumidores; os cales rexeitan de plano ter que pagar polo uso deste tipo de infraestruturas por diferentes motivos.
Así, en moitos casos non existe alternativa para os traslados. A maiores, cómpre lembrar que as autovías xa foron pagadas vía impostos pola cidadanía e o mantemento das mesmas tamén. Esta decisión ademais encarecería a produción industrial restándolle competitividade e, no caso concreto de Galicia, viría a castigar aínda máis a súa condición periférica e amplificaríase o feito de que en breve vaia a converterse na comunidade con máis quilómetros de autopistas de peaxe.



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



