Burela 29-11-18. A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo está presente en dúas das mesas redondas de Innovazul, o primeiro Encontro Internacional de Coñecemento e Crecemento Azul, que se está celebrando en Cádiz entre o 29 e 30 de novembro.
O Xerente da OPP-07, Sergio López, participou o xoves pola tarde na exposición sobre “A innovación tecnolóxica na pesca extractiva”, compartindo mesa con Javier Garat Pérez, Secretario Xeral de CEPESCA; Alonso Abreu Lozano, Xerente da Organización de Produtores Pesqueiros Transnacional de Ayamonte; Ignacio Soler Martínez, Asesor Técnico de Simrad Spain; Juan Miguel Mancera Romero, Investigador da Universidade de Cádiz; e Pablo Abaunza Martínez, Subdirector Xeral de Investigación do Instituto Español de Oceanografía.
A OPP-07 volverá estar presente na mesa redonda do venres pola mañá sobre “O mar como fonte de recursos”, na que Sergio López estará acompañado de Jerónimo Pérez Parra, Presidente de IFAPA; Juan Ignacio Gandarias Serrano, Director Xeral de Ordenación Pesqueira e Acuicultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación; Julio Castro González, CEO de Iberdrola Renovables España; Carlos Rodríguez Villa, Director Xeral de AlgaEnergy; e Juan José Vergara Oñate, Coordinador Xeral do Campus de Excelencia Internacional do Mar.
InnovAzul 2018 é un encontro internacional de innovación nos sectores produtivos da Economía Azul. Un punto de encontro entre empresas, administracións e axentes tecnolóxicos para a innovación e o desenvolvemento socioeconómico no sector marítimo, co obxectivo de impulsar un modelo económico circular e un desenvolvemento sostible.























Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
Durante a súa intervención, Xosé Merelles destacou a capacidade da romaría para conservar viva unha tradición transmitida de xeración en xeración e profundamente vinculada á identidade da comarca. Xosé Merelles puxo en valor o papel da Romaría do Bispo Santo como exemplo do turismo cultural e espiritual que promove Galicia, baseado na autenticidade, na conservación das tradicións e no patrimonio inmaterial.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.



