A Xunta de Goberno da Deputación provincial aprobou a retirada do proxecto das obras de acondicionamento do interior das Covas do Rei Cintolo, en Mondoñedo. Tralas xestións realizadas pola D... Ler máis
Nota Prensa Os veciños da Veiga sofren en primeira persoa a deixaded de funcións por parte do Concello. O Grupo Municipal Socialista sumase as queixas dos Veciños e pídelle ao Sr. Villares q... Ler máis
Nota de Prensa O BNG PROPÓN QUE SE ADECENTE O APARCADEIRO CONTIGUO AO EDIFICO DE CORREOS O BNG DENUNCIA O LAMENTABLE ESTADO DUN APARCADEIRO PÚBLICO NO LODEIRO O concelleiro do Bloque Naciona... Ler máis
O SLG mobilizase o 18 en Santiago “polo dereito á negociación colectiva dos prezos” Nota de Prensa POLO DEREITO Á NEGOCIACIÓN COLECTIVA DOS PREZOS PRIMEIRO O PREZO, DESPOIS O CON... Ler máis
O PP CONSIDERA O MÁIS AXEITADO COMPARTIR UN SUBPARQUE DE BOMBEIROS CON CERVO. Lembra que esa solución é a máis rápida e a máis efectiva. Os populares consideran que o alcalde é sumiso ante a... Ler máis
Otero Regal Érase unha vez unha terra ben fermosa, por certo, eu nacín nela fai xa máis de medio século, que se di axiña . Houbo un tempo naquel lugar encantado en que a lingua das vacas non... Ler máis
Nota de Prensa O PP alerta sobre o aumento do paro en Burela e pide axudas municipais. O incremento foi de un dez por cento de setembro a outubro, 36 persoas máis. No concello de Burela habí... Ler máis
Nota de Prensa SMAEL REGO ACUSA A FEIJOO DE “ TENTAR INTRODUCIR NA MARIÑA DE LUGO A SÚA ESTRATEXIA DA MENTIRA E DA MANIPULACIÓN SOBRE AS ACTUACIÓNS DO GOBERNO GALEGO” – Afirmou que “Nú... Ler máis
FOZ .- Con motivo do día internacional contra violencia de xénero, o Observatorio da Mariña pola Igualdade promove unha acción teatral Ana rúa Xóan Montes, en Foz, o 22 de novembro ás seis d... Ler máis
VIVEIRO/CELEIRO .- O Partido Popular de Galicia pide que se rehabilite o barrio de O Celeiriño e que o pague a Xunta, non pide nada á empresa construtora ni ao concello de Viveiro. Con tal f... Ler máis
RIBADEO .- Ribadeo recibiu hoxe o seu novo camión para a extinción de incendios nun acto no que se deron cita a directora xeral de Protección Civil, Esther González; o delegado provincial d... Ler máis
BURELA .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, recibiu esta mañá a visita da directora xeral de Protección Civil, Esther González e do delegado provincial de Presidencia, Luis Rodríguez Edros... Ler máis
NOTA DE PRENSA O GMPP afirma que “o tenderete” do alcalde desmorónase. Barcia lémbralle ó alcalde que o concello quedou en boa situación económica e con proxectos en marcha que a... Ler máis
O SERGAS cree que está solucionando a demanda de cardioloxía con dous novos cardiólogos Nota de Prensa O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE ESTÁ SOLUCIONANDO A DEMANDA PENDENTE DE CARDIOLOXÍA NA MARIÑA... Ler máis
CERVO .- A concellaría de Asuntos Sociais, Muller e Seguridade Cidadá do Concello de Cervo convocou o segundo concurso de redacción “carta a un maltratador” que ten como finalida... Ler máis
VIVEIRO .- Un río de xente pediu a onte a berros por rúas de Viveiro un novo modelo económico no transcurso de unha manifestación convocada pola CIG. Os manifestantes partiron do antigo edif... Ler máis
BURELA .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, corrixe a asociación de veciños O Vencello e aclara que “nunca dixen para nada que o concello fose un tenderete, nin moito menos” en... Ler máis
Nota de Prensa O PARTIDO POPULAR DE FOZ ORGANIZA UNHA REUNIÓN O PROXIMO DIA 13 DE NOVEMBRO (XOVES) AS 13:00 HORAS NA CASA DA CULTURA DE FOZ. CONTAREMOS COA PRESENCIA DO PRESIDENTE DO PARTIDO... Ler máis
Nota de Prensa PARTIDO POPULAR DE FOZ. En la reunión mensual celebrada por el Comité Local del PP focense en el día de ayer, se acepto la renuncia como Concejala del Grupo Municipal de este... Ler máis
MONDOÑEDO .- Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) solicitoulle a Consellería de Medio Ambiente que, “de forma excepcional” non sancione con unha multa ao veciñ... Ler máis
RIBADEO .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, lembra que “en Ribadeo existe un único caso de chabolismo dunha familia xitana que se erradicará si prospera esta iniciativa”. O... Ler máis
O Concello de Burela recibe unha subvención de 53 mil euros da Consellería de Traballo “para cubrir os custes de contratación de traballadoras desempregadas víctimas da violencia de xé... Ler máis
BURELA .- No pleno extraordinario celebrado no Concello, o equipo de goberno que forman o PSOE e o BNG aprobou cos seus votos o convenio colectivo do persoal municipal. O alcalde, Alfredo Ll... Ler máis
O Ministerio de Interior comunicoulle ó concello de Barreiros “que se vai producir un incremento da plantilla no posto da Garda Civil que existe en Barreiros. Chegará un cabo primeiro... Ler máis
A MARIÑA .- As organizacións Unións Agrarias (UU.AA) e Xóvenes Agricultores (XX.AA.) denuncian que as industrias incumpren os acordos dos contratos homologados do leite e demandan das admini... Ler máis
Técnicos do ente público Augas de Galicia, xunto co Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, verán a área sobre a que se desenvolverá o proxecto de saneamento desta localidade. O rexedor municip... Ler máis
O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, convocou para luns 17 o pleno extraordinario que solicitaron os partidos da oposición para debater a creación dunha comisión se seguimento da autovía... Ler máis
A MARIÑA .- A Confederación Intersindical Galega (CIG) convocou unha manifestación para o xoves día 13, as sete e media da tarde, en Viveiro, que partirá dende o edificio dos sindicatos co l... Ler máis
Nota de Prensa NEVES CANDO TILDA DE CARROÑERÍA POLÍTICA AS ACUSACIÓNS VEQUIDAS POLOS POPULARES SOBRE A PERDA DUNHA SUBVENCIÓN EN MATERIA DE VIOLENCIA DE XÉNERO. Burela, 11 de novembro de 200... Ler máis
Nota de Prensa O PP afirma que haberá traballadores que non teñan subidas salariais. Considera que o alcalde e Remedios López son o exemplo da ineptitude. Os populares denuncian que o peche... Ler máis
















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



