O Club Deportivo “Marqués de Casariego” de Tapia prepara a seguinte ruta, III Etapa do Camiño de Santiago: Salas-Tineo. Realizase o domingo 25 de marzo. Debido a como se atoparán... Ler máis
As alevís femininas fixeron un segundo posto meténdose entre as favoritas. O resto das tripulacións seguen mellorando meténdose na taboa. Os veteráns despois dunha dura regata lograron vence... Ler máis
A cita estivo organizada polo Concello de Cervo e a escola de mergullo C.A.S Costa Lugo. Ler máis
Apostouse pola colaboración entre as dúas administracións e púxose en valor os recursos das dúas cidades. Ler máis
A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, enxalzou hoxe a calidade do ourizo da Mariña lucense, unha especie que aporta dinamismo socioeconómico á... Ler máis
Os veciños e veciñas interesadas en participar poden anotarse ata o vindeiro venres, 23 de marzo na Casa da Cultura (982.59.51.57); e o día 27 dará comezo o campionato que se xogará na Casa... Ler máis
Dentro dos actos previstos durante o mes de marzo, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, o Concello de Mondoñedo celebrará unha cea, o próximo venres 23. O prazo para a... Ler máis
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe en Mondoñedo nun acto de homenaxe á escritora mindoniense Elisa Lamas, que foi unha pioneira na defensa dos dereitos das... Ler máis
A edil Noelia Mª Ben sinalou que “todas as actividades teñen o mesmo obxectivo, acadar que sexamos uns consumidores sostibles. Entre os consellos, que son moi sinxelos de cumprir e que sen d... Ler máis
O día 21 de marzo celébrase o DIA da POESÍA. Na Librería Bahía imos celebralo o sábado día 17 ás doce da mañá, cunha sesión de FAMILIAS QUE CONTAN entorno ao libro POEMAR O MAR de Antonio Ga... Ler máis
Acia/CCA de Foz súmase á concentración convocada polos pensionistas e xubilados para o vindeiro sábado, día 17, en defensa dunhas xubilacións xustas. A mobilización terá lugar nas inmediació... Ler máis
Desde hai meses vense realizando esta movilización ás portas do centro de saúde ribadense os mércores ás 12 do mediodía, atendendo así á convocatoria feita pola plataforma en defensa da sani... Ler máis
Veciñ@s e persoal sanitario secundaron esta movilización semanal, que está convocada pola plataforma en defensa da sanidade pública. Ler máis
A asemblea será o mércores 21 de Marzo, a primeira convocatoría ás 20.00 e a segunda ás 20:30 no propio local da Asociación sito na Rúa Rafael Dieste nº9, Baixo. Trataranse temas como: a lec... Ler máis
O descenso da matrícula na última década converteu ao CEIP O Vicedo nun centro privilexiado en canto á posibilidade de atención individualizada ao alumnado. Nestes días están a realizar unha... Ler máis
A edil de Xuventude, Dolores García Caramés, e os alcaldes pedáneos Antonio Gallego e Antonio Vila, foron os encargados de entregarlle o premio á gañadora do certame, Unha Historia por Amor,... Ler máis
Celebrouse o domingo, día 11 de marzo, en Trasbar. Foron ó redor de 50 veciños/as e amigos/as os que se reuniron neste xantar a base de churrasco para gozar dunha agradable xornada todos xun... Ler máis
O prezo para participar na excursión é de 30 euros por persoa e inclúe almorzo, xantar, desprazamento en autocar e seguro de asistencia. Para a reserva de prazas nesta excursión hai que diri... Ler máis
O Concello de Cervo programa un bautismo de mergullo na piscina municipal para o sábado, 17 de marzo
O Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes e en colaboración coa Escola de Mergullo Centro de Actividades Subacuáticas Costa Lugo, organiza unha nova xornada de bautismo de merg... Ler máis
Despois dos actos celebrados o pasado mércores coa participación dos alumnos/as e profesores/as do IES Illa de Sarón, este domingo continuaron os actos do Concello para conmemorar o Día Inte... Ler máis
O vindeiro domingo día 18 xa se dará comezo, ca Senda do Cabo Busto en Luarca. Ler máis
Orixinalmente foi unha vía férrea que co paso dos tempos foise consolidando como un importante atractivo turístico, xa que ademais da beleza paisaxística, conta con varios aloxamentos turíst... Ler máis
Trátase dunha recompilación dos traballos de Ángel Picos, Sergey Sozonov e Diego Pérez, membros de asociación cultural Galioart, de Ortigueira, que poderá ser visitada desde o luns 12 ata o... Ler máis
A cociñeira italiana María Antonietta Santoro rematou hoxe, venres, a súa visita á Mariña lucense con actividades no IES de Foz e visitas á vila focense e a basílica de San Martiño. Santoro... Ler máis
Este venres día 9 de marzo, visitou o Colexio MARTIN HUTCHINSON, un ex bombeiro galés, acompañado do seu fiel compañeiro STARSKY, un can que o está a acompañar no seu periplo en bicicleta ao... Ler máis
A área de piano da Escola Municipal de Música de Burela ofrecerá un concerto de alumnos o vindeiro martes, 13 de marzo, ás 19.30 horas. Será no salón de usos múltiples e ten carácter público... Ler máis
Este venres tivo lugar a sinatura coa Asociación Española Contra o Cancro polo que o Concello lle cede un local de xeito gratuíto a este colectivo na antiga praza de abastos. O obxectivo é q... Ler máis
Finalmente, contarase durante esta Segunda Xornada do VI Festi-Val de Cine de Alfoz e Valadouro coa actuación musical de Tono Alonso, un cantante que compaxina os seus labores docentes no Ma... Ler máis
Inaugurarase este sábado, ás 13:30 horas, na sala de exposicións da Casa da Cultura de San Cibrao. A mostra que recolle a obra de Ángel Picos, Sergey Sozonov e Diego Pérez, poderán ser visit... Ler máis
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, recibiu este venres ao Presidente de ABANCA, Juan Carlos Escoted, que efectuou unha visita institucional ao Pazo de San Marcos, acompañado de... Ler máis















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



