Destacou que a posta en marcha do Polo do Emprendemento da Mariña lucense brindará un asesoramento personalizado e permanente Lugo, 12 de maio de 2023. O conselleiro de Facenda e Administrac... Ler máis
O marco da XIX Feira Expomar acolleu na tarde do xoves a primeira sesión das XXX Xornadas Técnicas, que virou sobre a “Xestión Pesqueira”, con especial atención ás leis de pesca marcadas pol... Ler máis
Burela, a 11 de maio de 2023. Os traballadores e traballadoras da recollida de lixo e limpeza viaria do Concello de Burela volvéronse concentrar este xoves diante da Casa Consistorial para r... Ler máis
Rosa Quintana salienta que a pesca ten futuro se non se lle poñen atrancos innecesarios e que a frota galega está perfectamente dimensionada como demostra o feito de que a maioría dos calado... Ler máis
O Porto de Burela (Lugo) acolle ata este sábado ao mediodía a XIX Feira Expomar, as XXX Xornadas Técnicas, o XXIV Encontro Empresarial e diferentes actividades relacionadas cos sectores náut... Ler máis
Daniel Castro criticou a García Comesaña por non exercer as súas competencias en materia sanitaria e non ofrecer unha solución á “fuga de persoal” forzada polas “condicións de traballo preca... Ler máis
O balance do último pleno: tres anos para aprobar o inventario municipal e máis de cinco meses de tardanza para conceder licenza para unha obra social sobre a que o PP xa preguntara o ano pa... Ler máis
Burela, 10 de maio de 2023. O concelleiro de Cultura, José Díaz, convida a asistir ao concerto que Milladoiro ofrecerá este sábado, 13 de maio, en Burela. As entradas seguen á venda. O edil... Ler máis
A conselleira do Mar inaugurou a XIX Feira Monográfica Náutico-Pesqueira Expomar que se celebra desde hoxe ata o sábado en Burela Burela, 10 de maio de 2023. A conselleira do Mar, Rosa Quint... Ler máis
Burela, 10 de maio de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, acompañada do alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, participou hoxe no porto bur... Ler máis
Burela, 10 de maio de 2023. O persoal do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria do Concello de Burela iniciou este mércores mobilizacións en demanda dun convenio colectivo digno. A pr... Ler máis
Ao finalizar o pleno do Consello Galego de Pesca, que se celebra ás 17:00 de hoxe mércores, 10 de maio, dentro do marco de Expomar 2023 en Burela, realizarase unha concentración simbólica do... Ler máis
Burela, 9 de maio, 2023. Este mércores día 10 de maio comezan as XII Xornadas Formativas 2023 organizadas pola Fundación Imdecum en colaboración coa Deputación de Lugo e o IES Monte Castelo... Ler máis
Burela, 9 de maio de 2023. No Concello celebrouse esta mañá unha xuntanza para preparar o dispositivo de seguridade das festas patronais. O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “c... Ler máis
Lidia Díaz Otero, que traballa na explotación gandeira familiar, e Natalia Rubal Soto, emprendedora ao fronte de varios negocios, compartiron as súas experiencias co alumnado do centro Burel... Ler máis
A nave de redes do porto de Burela (Lugo) acolle desde este mércores ata o sábado a XIX Feira Expomar, cita bienal que chega catro anos despois tras o parón obrigado pola pandemia do Covid e... Ler máis
As fases II e III do Plan director do Hospital da Mariña acadan un investimento, por parte da Xunta de Galicia, de 30 millóns de euros Santiago de Compostela, 9 de maio de 2023. O Diario Ofi... Ler máis
Burela, 9 de maio, 2023. A empresa Urbaser e a representante sindical da plantilla (da CIG) levan meses, dende novembro, negociando un novo convenio que regule as súas condicións de traballo... Ler máis
O organismo portuario presentará as posibilidades que ofrece a terminal de Yilport para o sector pesqueiro a través da liña de contedores reefer para dar saída a produtos frescos e conxelado... Ler máis
Burela, 9 de maio, 2023. O vindeiro sábado, 13 de maio, ás 20:30 horas no auditorio da Casa da Cultura de Burela, terá lugar a presentación do novo traballo do Grupo Milladoiro: “Atlántico”.... Ler máis
Burela, 8 de maio, 2023. Desde Europeche, EBFA e as centrais sindicais europeas convócase para este martes día 9, coincidindo co “Día de Europa”, unha pitada durante 5 minutos do... Ler máis
Viveiro, 8 de maio, 2023. O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal estará presente na XIX edición da Feira Monográfica Náutico-Pesqueira Expomar 2023, que se celeb... Ler máis
Burela, 7 de maio de 2023. A asociación Asuembu e o Concello de Burela organizan o primeiro campamento musical, que terá lugar do 30 de xuño ao 2 de xullo. Está dirixido a nenas e nenos a pa... Ler máis
O espectáculo volveu este sábado á Bombonera con 17 goles e dúas vitorias para os equipos locais Burela, 6 de maio, 2023. Despois dunha festa para compartir a Copa da Raíña con todxs xs veci... Ler máis
Burela, 6 de maio, 2023. No porto de Burela multiplícanse os traballos desde hai días preparando os últimos detalles da próxima XIX Feira Expomar, que se celebrará do mércores 10 ao sábado 1... Ler máis
O candidato á alcaldía polo PP de Burela, Manuel Rouco, puxo en valor “a calidade dos servizos da residencia de maiores da vila -unha das catro que xestiona de forma integral a Xunta na prov... Ler máis
Burela, 5 de maio de 2023. Entre 600 e 700 persoas se darán cita no XIII Encontro de Palilleiras, que se celebrará en Burela o vindeiro 20 de maio. Está organizado pola asociación As Encaixe... Ler máis
A cita congregou a preto dun centenar de rapaces e rapazas do IES Monte Castelo e do IES O Perdouro, que se achegaron á música clásica dun xeito atractivo e ameno con esta iniciativa que xir... Ler máis
Burela, 5 de maio, 2023. Nos próximos días 8, 9 e 10 de maio, visitará o IES Perdouro Marta Estévez Grossi, graduada en Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo. Após os seu paso p... Ler máis
Burela, 4 de maio de 2023. O alcalde, Alfredo Llano, fai un balance moi positivo das bandeiras azuis que neste 2023 lucirán as praias de A Marosa, O Portelo e Ril, así como o barco museo Rei... Ler máis

















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



