CERVO .- O Concello de Cervo creou unha oficina de atención ao cidadán para inventariar os danos provocados polo temporal, trasladará a información recollida ás distintas administracións unh... Ler máis
BURELA (FNC) .- O Concello recolle as demandas dos veciños afectados polas chuvias da semana pasada. Toda a información recollida nos vindeiros días formará parte do expediente que prepara B... Ler máis
ALFOZ .- Os arquieros Gabriel Galante Briones e Ana Maria Briones Montes do club de Tiro Castelarco de Alfoz clasificáronse en segundo lugar, nas suas respectivas categorías, no XVII Trofeo... Ler máis
SAN CIBRAO .- A asociación cultural “Amigos da Maruxaina” celebrará o domingo, día 19 de xuño, o XXV aniversario desta festa declarada de interese turístico de Galicia, paro o que programou... Ler máis
BURELA .- A asociación Pasada das Cabras, de Burela, realizou o sábado a penúltima etapa do Camiño de Santiago que concluirá o día 10 de xullo. Os peregrinos de Pasada das Cabras valoran a p... Ler máis
SANTIAGO .- O pasado 8 de xuño celebrouse o Día Mundial dos Océanos. Co tema deste ano, “OCÉANOS DE VIDA”, a ONU chama a atención sobre a grande diversidade de vida nos mares e a... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O Concello de Ribadeo segue a traballar para tentar recuperar a normalidade nas parroquias que se viron afectadas polas inundacións destes días. O alcalde manifestou que “tr... Ler máis
CERVO .- O Concello de Cervo contratará a dez socorristas e catro persoas para a limpeza de praias a través das Oficinas de Emprego. Así o anunciou o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, que... Ler máis
BURELA (FNC) .- Concello e asociación de enfermos mentais da Mariña asinaron esta mañá un convenio para colaborar na realización dun taller de ebanistaría ata finais de ano. A concelleira de... Ler máis
CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares indicou que o seu municipio está a vivir no día de hoxe unha xornada “de certa calma, pero sen poder baixar a garda”. Segundo indicou, tras dous... Ler máis
BURELA .- O vindeiro venres 18, a partir das 20.30 horas, o Observatorio da Mariña pola Igualdade retoma o ciclo de charlas-café FALEMOS DE…. que nesta ocasión terá lugar no café-bar A Fazen... Ler máis
LUGO .- O delegado de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, informou hoxe no transcurso da rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, de que a Xunta de G... Ler máis
BURELA.- Docentes do IES Perdouro reuníronse con empresarios da Mariña que acollen ou poden acoller os seus alumnos de Formación Profesional, para expoñer as directrices da nova FP, de cara... Ler máis
LUGO .- A Deputación continúa a traballar dende primeiras horas do día de onte para restablecer a situación nas estradas provinciais da Mariña e para atender as incidencias ocasionadas polas... Ler máis
BURELA (FNC) .- O Concello tentará que Burela sexa declarada zona catastrófica tras os importantes danos causados polas chuvias destas días. A situación vai volvendo á normalidade pouco a po... Ler máis
LUGO .- A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres a contratación das primeiras 9 actuacións do Plan Extraordinario de Obra Pública, dotado con 60 millóns de euros, e creado pola D... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- As brigadas municipais traballan para tentar restablecer a normalidade no concello de Ribadeo. Parte dos esforzos céntranse en restaurar o subministro de auga a moitas parro... Ler máis
A MARIÑA .- Unha ducia de colectivos veñen de sumarse á Plataforma Sanitaria da Mariña que xa conta co apoio de máis de 70 colectivos sociais, sindicais e políticos da Comarca de cara a vind... Ler máis
A MARIÑA .- Barreiros, Burela, Cervo, Foz e Ribadeo, atópanse saíndo dun inesperado temporal de choiva tras unha fin de semana de verán. Tamén choveu copiosamente, con menos virulencia, no r... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- As Concellarías de Xuventude e Cultura organizan varias actividades de verán para os nenos. Haberá tres campamentos urbanos, deportes, maxia, teatro e actividades no telecen... Ler máis
BURELA (FNC) .- As choivas das últimas horas causaron cuantiosos danos en Burela, en garaxes, portais e locais comerciais, segundo o alcalde, Alfredo Llano. as principais complicacións céntr... Ler máis
LUGO .- A Deputación ten despregado dende primeiras horas da mañá un amplo dispositivo formado por 40 operarios e 20 vehículos para atender as incidencias ocasionadas na Mariña polas intensa... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- Ríos e regatos desbordados, pontes e cultivos arrasados, vivendas e estradas inundadas son as consecuencias que as chuvias caídas nas últimas horas están a ocasionar en Riba... Ler máis
A MARIÑA .- O conselleiro de Presidencia visitou zonas da Mariña afectadas polas fortes choivas das últimas horas e destacou que o operativo habilitado pola Xunta de Galicia para minimizar a... Ler máis
A MARIÑA .- O grupo de apoio loxístico da Axencia Galega de Emerxencias instalouseo a medianoite pasada en Barreiros para atender as incidencia causadas polas intentsas choivas. Nota de Pren... Ler máis
LUGO .- A Deputación inaugurou en Lugo a oficina do Innova-TE, creada pola UTE de empresas Mnemo-Software-AG-Fujitsu, que resultou adxudicataria do programa tecnolóxico co que a Deputación o... Ler máis
A MARIÑA .- A Plataforma Sanitaria da Mariña compareceu hoxe nunha rolda de prensa na Casa Sindical de Ribadeo para presentar a manifestación que este colectivo ten pensado celebrar o vindei... Ler máis


















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



