O BNG cualifica da abandono de responsabilidades a actuación da Consellería de Urbanismo por non recorrer a licenza do concello de Cervo para a construción de 532 vivendas en San Cibrao. Non... Ler máis
Burela acollerá o vindeiro sábado 21 de xuño do I Encontro Tecendo redes co empresariado da provincia de Lugo, que organiza a Rede Galega de Empresas. A xornada que se desenvolverá no Audito... Ler máis
O concello de Cervo vai levar ao pleno de hoxe unha proposta para crear unha taxa para o servizo da gardería, situada en San Cibrao. Este servizo ate de agora era gratuíto, financiado pola V... Ler máis
O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, voceiros dos outros grupos políticos e asociación de promotores inmobiliarios mantiveron unha xuntanza na que analizaron cuestións coma o abastecement... Ler máis
Corenta familias de Burela uníronse a campaña “ti podes dar vida, aforra auga” promovida pola concelleira de Medio Ambiente, Lucía Bouza. Os interesados en aforrar auga e partici... Ler máis
A asociación de veciños O Castro de Foz propón que os baños publico dos paseos marítimos estean dispoñibles e teñan un horario apertura. O Castro pide “a rápida solución desta situació... Ler máis
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, mantivo un encontro no Concello co capitán marítimo, Rafael Casanueva, cun representante da Dirección General de la Marina Mercante, Cándido Avendaño Sala... Ler máis
Segundo o BNG de Alfoz, o concello ten dificultades para recadar cantidades superiores aos gastos correntes e de persoal. Isto dificulta a xestión de obras novas e servizos por parte do conc... Ler máis
O premio á mellor tapa foi para o bar Costa Verde pola súa “milfollas de cabaciñas con solombo de porco e mazá reineta”; o premio á mellor tapa tradicional, que este ano tiña que... Ler máis
Inícianse en Ribadeo os IV Foros permanentes para a muller que consistiran en charlas, obradoiros e conferencias nas que se trataran temas de diversa índole como saúde e o coidado persoal, e... Ler máis
A terceira e última etapa da I Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo sairá ás dez e media da mañá da Avenida Arcadio Pardiñas “desde a zona do Campón para ir ata San Cibrao, volta despois... Ler máis
As reclamacións forman parte dunha relación de facturas impagadas por servizos de alumeado público en diferentes instalacións municipais. A Delegación Provincial da Consellaría de Presidenci... Ler máis
A Coordinadora Pro Corredor da Mariña, integrada por reperesentantes de asociacións de veciños dos diferentes concellos, traladou ao Ministerio de Fomento unha proposta de trazado co acordo... Ler máis
O Castro da Atalia de San Cibrao está en perigo de desaparecer por mor da construción de vivendas sen control por parte de Patrimonio. A cousa empezou cando o Concello de Cervo da Mariña luc... Ler máis

















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



