NOTA DE PRENSA Pasiño a Pasiño termina mañá, cun obradoiro de Mosaicos, o seu programa de Verán e enviámosvos un “colage” de fotografías, en mostra de agradecemento aos nosos mon... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O alcalde, Fernando Suárez, fai un balance moi positivo da fin de semana na que centos de persoas se achegaron a Ribadeo a disfrutar da oferta cultura da vila, do mercado ma... Ler máis
CERVO.- O luns, 2 de agosto, ás 19 horas, na Parazoleta da Vila levarase a cabo a actividade “”A cociña itinerante dos contos:cociñando contos 2010”. É un proxecto de anima... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- As Concellarías de Educación e Deportes negan as acusacións de favoritismo na inscrición das actividades para os nenos que efectuaba esta mañá o portavoz de Upri e atribúen... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- As Concellarías de Xuventude e Cultura organizan varias actividades de verán para os nenos. Haberá tres campamentos urbanos, deportes, maxia, teatro e actividades no telecen... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- A Concellaría da Muller organiza de novo neste 2010 os Domingos a pé, unha iniciativa que deu comezo o ano pasado e que diante da súa boa acollida e da demanda se volta a po... Ler máis
XOVE .- O Concello de Xove, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, pertencente á Concellería de Xuventude, ben de por en marcha o Programa “VERÁN XUVENTUDE 2010”, programa bas... Ler máis
CERVO .- A delegación de Educación do Concello de Cervo organiza, coa colaboración da empresa IG-10, o proxecto denominado “Educ@ndo”, consistente nun programa de obradoiros e talleres para... Ler máis
VEGADEO (FNC) .- A Mancomunidade Oscos-Eo editou e distribuíu 3.000 exemplares do calendario de actividades turísticas previstas para a primavera. Nos calendarios atopase toda a oferta das a... Ler máis
CERVO .- Os traballadores encargados en levar adiante o programa “Ao Teu Carón” 2010, promovido dende a concellería de Asuntos Sociais do Concello de Cervo que dirixe Pilar Armada, teñen pre... Ler máis
CERVO .- Os campionatos de tute e parchis e os obradoiros de memoria que estaba previsto desenvolver o presente mes de novembro nos distintos núcleos de poboación do municipio vanse a celebr... Ler máis
BURELA (FNC) .- Proxeccións cinematográficas, soltas de globos, actividades nos centros de ensino e a terceira edición do concurso de microrelatos son as actividades organizadas polo Concell... Ler máis
BURELA (FNC) .- O luns 5 de outubro darán comenzo as actividades extraescolares que organiza o Concello para os nenos dos centros de primaria, segundo ven de anunciar o alcalde. Alfredo Llan... Ler máis
BURELA (FNC) .- A concelleira de Educación e Medio Ambiente, Lucía Bouza, anunciou esta mañá que o Concello xa está a traballar na que será a terceira edición da Semana Europea da Movilidade... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, anunciou esta mañá que “trala recuperación da Casa da Ría, agora estas instalacións están en disposición de acoller diversa... Ler máis
BURELA (FNC) .- O programa Apúntate ao verán organizado polo Concello de Burela arranca hoxe día 6 de xullo con diversas actividades na Praza do Concello. Os máis xóvenes poderán disfrutar a... Ler máis
BURELA (FNC) .- As Delegacións de Benestar Social, Xuventude e Deporte organizan diversas actividades destinadas á mocidade e aos nenos a partires de tres anos durante os meses de xullo e ag... Ler máis
RIBADEO .- A iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Soc... Ler máis
SAN CIBRAO .- O Museo do Mar acollerá o ciclo Historia de Galiza que organiza a a asociación Mariñapatrimonio, entidade que posteriormente desenrolará outros tres ciclos, Arredor do Mar o 30... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- A Concellaría de Cultura e a Oficinal Municipal de Información Xuvenil elaboraron un programa de actividades destinadas aos nenos para que poidan gozar “neste tempo de ocio... Ler máis


















Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



