Nota de prensa FERNANDO SUÁREZ ASISTE EN BARCELONA Á PRESENTACIÓN DO LIBRO LEOPOLDO CALVO-SOTELO, UN RETRATO INTELECTUAL. Ribadeo, 16 de novembro de 2010. O alcalde, Fernando Suárez, asistir... Ler máis
RIBADEO .- O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijo, na súa intervención, durante a homenaxe a Calvo-Sotelo, asegurou que “para a xeración que asume nestes tempos as respo... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, descubría esta mañá o baixorrelevo que xa loce no porto de Porcillán en homenaxe a Leopoldo Calvo-Sotelo y Bustelo, o que fora p... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- Ducias de persoas acompañaron esta tarde no salón de plenos do Concello de Ribadeo a familiares e amigos do ex presidente do Goberno, Leopoldo Calvo-Sotelo, no acto de entre... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O pleno do Concello aprobará o vindeiro luns 27 de abril concederlle a medalla de ouro de Ribadeo a título póstumo ao ex presidente do Goberno, Leopoldo Calvo-Sotelo. O rexe... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O Concello de Ribadeo está a preparar a homenaxe que a vila lle renderá ao ex presidente do Goberno, Leopoldo Calvo-Sotelo y Bustelo dentro duns meses. Desde o equipo de gob... Ler máis
RIBADEO .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, ven de asinar un bando sobre a homenaxe popular que se renderá ao ex-presidente do Goberno, Leopoldo Calvo-Sotelo y Bustelo no cabodano do s... Ler máis
Nota de Prensa RIBADEO .- A xunta de voceiros do Concello de Ribadeo reunida hoxe, acordou por unanimidade realizar unha homenaxe popular ao ex presidente do Goberno, Leopoldo Calvo-Sotelo.... Ler máis
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asistiu en Madrid a un acto de homenaxe ao ex presidente do Goberno, alcalde honorario e marqués da ría de Ribadeo, Leopoldo Calvo-Sotelo. Fernando Suá... Ler máis
RIBADEO .- O terceiro Festival Internacional de Música Clásica empeza o día 8, venres, ás dez menos cuarto da noite con unha homenaxe a Leopoldo Calvo-Sotelo. O director do festival, Leopold... Ler máis
















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



