Xove, 30 de abril, 2026. A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Xove anima a nenos/as, adolescentes e persoas adultas a participar na quinta edición dun concurso que pon en valor a b... Ler máis
Xove, 26 de abril, 2026. Xove acolleu o Día Provincial das Amas de Casa, un encontro que este ano organizou a Asociación de Mulleres Bolboretas de Palmeiro, que preparou con gran dedicación... Ler máis
Xove, 25 de abril, 2026. A A.C.D. Xove, como entidade organizadora, e o Concello de Xove, como patrocinador principal, presentaron o VII Xove Costa Trail, que se celebrará os días 1, 2 e 3 d... Ler máis
Xove, 15 de abril, 2026. O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade, impulsa en colaboración co IES Illa de Sarón o programa s... Ler máis
Xove, 11 de abril, 2026. O Concello de Xove presentou este venres, 10 de abril, o novo Programa Municipal de Xestión de Colonias Felinas, unha iniciativa destinada a garantir o benestar anim... Ler máis
Xove, 8 de abril, 2026. O Concello de Xove convoca unha reunión informativa dirixida ás persoas que alimentan habitualmente gatos na rúa, tanto en Xove Pobo como en Palmeiro, co obxectivo de... Ler máis
Xove, 7 de abril, 2026. O Concello de Xove reafirma o seu apoio ao tecido asociativo local colaborando, un ano máis, coas distintas comisións de festas do municipio. A Asociación Cruz de Lou... Ler máis
Xove, 1 de abril, 2026. O Concello de Xove colabora e patrocina un ano máis a XXII Festa do Polbo, unha cita gastronómica xa consolidada na comarca e organizada polos hostaleiros da localida... Ler máis
Xove, 26 de marzo, 2026. O Concello de Xove informa de que a Asociación Cultural Saiñas vén de organizar o XV Festival Infantil, que terá lugar este vindeiro sábado, 28 de marzo, ás 18:00 ho... Ler máis
Xove, 23 de marzo, 2026. O Centro Social de Monte, coa colaboración do Concello de Xove, vén de clausurar a XXIII edición do seu tradicional campionato de tute, unha cita xa consolidada no c... Ler máis
Xove, 23 de marzo, 2026. O Departamento de Cultura do Concello de Xove pon en marcha unha nova iniciativa dirixida ás persoas afeccionadas á lectura: a creación dun Club de Lectura na Biblio... Ler máis
Xove, 20 de marzo, 2026. O Concello de Xove vén de poñer en marcha un ano máis a campaña de trampeo para a prevención da vespa velutina en todo o termo municipal. Como en edicións anteriores... Ler máis
Os populares poñen a Xove como un gran exemplo de como unha industria pode transformar unha comarca, facer que medre economicamente, dar oportunidades ás familias para iniciar un proxecto de... Ler máis
Xove, 13 de marzo, 2026. A XXXV edición do Curso de Formación Orquestral está organizada pola Asociación Prestoxove e conta co patrocinio do Concello de Xove. Nesta edición participarán como... Ler máis
Xove, 13 de marzo, 2026. A Asociación Equina A Medela organiza un ano máis —e xa van 27 edicións— a XXVII Ruta Cabalar A Medela, que se celebrará este domingo 15 de marzo no concello de Xove... Ler máis
Xove, 9 de marzo, 2026. O Concello de Xove celebrou esta fin de semana dous actos destacados dentro da programación do Mes da Muller, organizados con motivo do Día Internacional da Muller (8... Ler máis
Xove, 6 de marzo, 2026. O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade, organiza unha serie de charlas formativas dirixidas a fami... Ler máis
Xove, 25 de febreiro, 2026. O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade, presentou esta semana a programación do 8M. Os actos c... Ler máis
Xove, 10 de febreiro, 2026. Ante a previsión de mal tempo, o Concello de Xove mantén a súa intención de celebrar o tradicional Desfile de Entroido polas rúas da localidade; porén, traballa n... Ler máis
Xove, 9 de febreiro, 2026. A Concellería de Agricultura de Xove pecha a campaña de árbores autóctonas e plantas de xardín coa entrega dos pedidos. A área municipal informa de que mañá, marte... Ler máis
Xove, 28 de xaneiro, 2026. A Asociación Cultural Saíñas organiza o vindeiro sábado, 7 de febreiro, a XVII Laconada, unha cita xa consolidada e aberta a socios, veciñanza e visitantes. O even... Ler máis
Xove, 28 de xaneiro, 2026. O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, Dolores Meitín, presentaron a programación especial do Entroido 2026. As actividades arrancarán... Ler máis
Xove, 22 de xaneiro, 2026. A Biblioteca Municipal de Xove organiza, un ano máis, o seu tradicional Concurso de Caretas de Entroido, unha iniciativa que busca fomentar a creatividade e a part... Ler máis
Xove, 21 de xaneiro, 2026. O Concello de Xove, a través da Delegación de Cultura, presenta o seu Programa de Entroido 2026, que inclúe actividades para todas as idades e un dos desfiles máis... Ler máis
Xove, 16 de xaneiro, 2026. O Concello de Xove celebrou este venres a entrega de premios do tradicional Concurso de Postais de Nadal, organizado cada ano pola Biblioteca Municipal de Xove. O... Ler máis
Xove, 11 de xaneiro, 2026. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou este sábado a explotación Casa Labradela, na parroquia de A Rigueira (Xove), acompañada do alcalde Demetrio... Ler máis
Xove, 7 de xaneiro, 2026. O Concello de Xove deu por finalizada a programación de Nadal coa tradicional Cabalgata de Reis, que percorreu as rúas do municipio a pesar das condicións meteoroló... Ler máis
Xove, 3 de xaneiro, 2026. A Concellería de Cultura do Concello de Xove anunciou a chegada das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente ao municipio, unha das citas máis agardadas do Nadal. O... Ler máis
Xove, 2 de xaneiro, 2026. Xove celebra este domingo, 4 de xaneiro, o Día da Infancia, unha das citas máis especiais da programación de Nadal. A xornada está pensada para que os máis pequenos... Ler máis
O Concello de Xove continúa este sábado, 3 de xaneiro, coa programación cultural do Nadal 25-26 cun concerto dos Acordeonistas da Mariña. A actuación será ás 19:00 horas no salón de actos e... Ler máis

















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



