Xove, 21 de xaneiro, 2026. O Concello de Xove, a través da Delegación de Cultura, presenta o seu Programa de Entroido 2026, que inclúe actividades para todas as idades e un dos desfiles máis destacados da comarca, cunha dotación total de 5.385 euros en premios.
Venres, 13 de febreiro
17:30 h – Baile infantil de disfraces
O Pavillón Municipal acollerá un baile infantil con animación, pensado para que os máis pequenos desfruten do Entroido en familia.
Sábado, 14 de febreiro
17:00 h – Gran Desfile de Entroido
O desfile percorrerá as rúas de Xove, con saída desde a nave-almacén municipal situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol e chegada ao Centro Cívico. A música correrá a cargo da charanga Europa.
Ao rematar o desfile, celebrarase unha gran festa de disfraces no Pavillón Municipal, amenizada por Disco Móbil Conxuro, que se prolongará ata altas horas da madrugada. Durante a festa realizarase a entrega dos premios do concurso.
Inscricións para participar no desfile
As persoas interesadas poden inscribirse:
Ata o venres, 13 de febreiro
• No Concello de Xove (despacho da socióloga municipal).
• No teléfono 982 592 001.
As persoas anotadas antes desta data recibirán un agasallo da organización o día do desfile.
O sábado, 14 de febreiro (día do desfile)
• No punto de saída (nave-almacén municipal).
• Horario: de 15:00 a 16:30 h.
A partir das 16:30 h non se admitirán novas inscricións; só se poderán recoller dorsais das persoas xa anotadas previamente.
Premios
Segundo as Bases do Concurso do Gran Desfile de Entroido de Xove 2026, repartiranse 5.385 euros en premios nas diferentes categorías establecidas.

Bases e inscricións
As Bases do Concurso e as follas de inscrición están dispoñibles para consulta e descarga na web municipal: www.xove.es























Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



